Deixámosvos a nota publicada na páxina web do Ministerio de Xustiza en relación ó Decreto Lei aprobado polo Goberno que se publicará nas vindeiras horas no BOE, no relativo ao que máis afecta ás nosas condicións de traballo e saúde laboral. O Decreto resúmese nos seguintes puntos:
• Poderán establecerse quendas de mañá e tarde nos órganos xudiciais para evitar as aglomeracións e evitar contaxios; os actos procesuais realizaranse, preferentemente, de maneira telemática, e a atención ao público, vía telefónica ou por correo electrónico sempre que sexa posible. Non quedan establecidos, quedan pendentes de negociación coa Dirección Xeral para fixar as condicións dos turnos.
• A norma permite dedicar temporalmente órganos xudiciais a asuntos derivados da crise do Covid-19 e prevé que os funcionarios de Xustiza presten servizo noutros xulgados e tribunais do seu municipio dentro da mesma orde xurisdicional.
• Regúlase o reinicio do cómputo dos prazos procesuais suspendidos e amplíase o prazo para formalizar e interpoñer recursos en aras do dereito de defensa dos cidadáns e cidadás.
• Establécense medidas para favorecer a impugnación colectiva dos ERTES nas Pemes e tramitaranse preferentemente as reclamacións presentadas por moratorias, axudas públicas e despedimentos motivados polo período de confinamento, entre outros.
O seu contido articúlase en cinco bloques de medidas.
O primeiro bloque recolle as medidas relacionadas coa seguridade no traballo e ten como finalidade garantir a saúde dos funcionarios e operadores para evitar novos contaxios. Trátase dunha serie de limitacións que deberán contemplarse nos xulgados e tribunais durante o que quede de estado de alarma e nos tres meses posteriores ao levantamento das medidas excepcionais. Son as seguintes:
1. Para garantir a distancia de seguridade e evitar concentracións de persoal
regúlase a posibilidade de establecer dúas quendas de traballo de mañá
e tarde.
2. A atención ao público será telefónica ou por correo electrónico e só en caso
necesario, presencialmente, pero sempre con cita previa.
3. Os actos procesuais e as deliberacións serán preferentemente con presenza
telemática, salvo no ámbito penal, no que será o xuíz quen decida. Sempre será necesaria a presenza física do acusado en delitos graves.
4. Permítese ordenar o acceso do público ás salas de vistas en atención ás características e tamaño das mesmas.
5. Dispensarase aos avogados de usar as togas.
6. As exploracións dos médicos forenses, sempre que sexa posible, faranse á vista da documentación médica.
O segundo bloque está encamiñado ao impulso e á recuperación da actividade xudicial, e contempla as seguintes medidas, entre outras:
1. Posibilidade de converter órganos xudiciais en todo ou parte en órganos
asociados temporalmente aos asuntos derivados da crise do Covid-19.
2. Habilitación, nos ámbitos en que sexan inhábiles, dos días comprendidos entre o 11 e o 31 de agosto.
3. Posibilidade de que os funcionarios de cada xulgado, tribunal ou fiscalía
desempeñen as súas funcións noutra unidade da mesma localidade e
o mesmo orde xurisdicional. (...)
O terceiro bloque recolle algunhas medidas de transformación dixital. Con dúas
reformas concretas:
1. Habilitar e mellorar o uso dos sistemas de identificación e firma dixital na administración de Xustiza.
2. Establecer unha obrigación xeral tanto para o Ministerio de Xustiza como para as comunidades autónomas con competencias na materia de garantir que os sistemas de xestión procesual dos xulgados e tribunais de todas as comunidades autónomas permitan o teletraballo.
En cuarto e quinto lugar establécense unha serie de medidas procesuais coafinalidade de evitar confusións no cómputo de prazos tras o estado de alarma e atender ao incremento de asuntos en determinados ámbitos que podedes examinar no seguinte enlace:
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras