Hoxe publicouse no BOE o Real Decreto-Lei de medidas procesuais e organizativas para facer frente ao COVID-19 na Administración de Xustiza. Entra en vigor mañá, pero isto non significa que mañá empecen os turnos, senón que a partir de mañá hai que proceder a negocialo, que é requisito previo ao seu establecemento. Quedamos á espera de que nos convoquen.
Habilitación do 11 a 31 de agosto para actuacións xudiciais
Decláranse hábiles para todas as actuacións xudiciais, que a efectos do artigo 183 da Lei Orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do Poder Xudicial, decláranse urxentes, os días 11 a 31 do mes de agosto do 2020. Exceptúanse desta previsión os sábados, domingos e festivos, salvo para aquelas actuacións xudiciais para as que estes días sexan xa hábiles conforme ás leis procesuais.
2. Para garantir o cumprimento do disposto no apartado anterior e a eficacia da medida, o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Fiscalía Xeral do Estado, o Ministerio de Xustiza e as comunidades autónomas con competencias en materia de Xustiza adoptarán de forma coordinada, nos seus respectivos ámbitos de competencia, as medidas necesarias para a distribución das vacacións de Xuíces, Maxistrados, membros do Ministerio Fiscal, Letrados da Administración de Xustiza e demais persoal funcionario ao servizo da Administración de Xustiza.
Xornada laboral
1. Durante o estado de alarma e ata tres meses despois da súa finalización, estableceranse , para os Letrados da Administración de Xustiza e para o resto de persoal ao servizo da Administración de Xustiza, xornadas de traballo de mañá e tarde para todos os servizos e órganos xurisdicionais.
2. O Ministerio de Xustiza e as comunidades autónomas con competencias en materia de Xustiza establecerán a distribución da xornada e a fixación dos horarios de conformidade co establecido na Lei Orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do Poder Xudicial.
Polo tanto, antes de que se aplique esta medida, debe ser obxecto de negociación en cada ámbito territorial.
Atención ao público
1. Durante o estado de alarma e ata tres meses despois da súa finalización, a
atención ao público en calquera sede xudicial ou da fiscalía realizarase por vía telefónica ou a través do correo electrónico habilitado para ese efecto, que deberá ser obxecto de publicación na páxina web da correspondente Xerencia Territorial do Ministerio de Xustiza ou do órgano que determinen as comunidades autónomas con competencias en materia de Xustiza (...)
2. Para aqueles casos nos que resulte imprescindible acudir á sede xudicial ou da fiscalía, será necesario obter previamente a correspondente cita, de conformidade cos protocolos que para o efecto establezan as administracións competentes, que deberán prever as particularidades das comparecencias ante os xulgados en funcións de garda e os xulgados de violencia sobre a muller.
Celebración de actos procesuais mediante presencia telemática
1. Durante a vixencia do estado de alarma e ata tres meses despois da súa finalización, constituído o Xulgado ou Tribunal na súa sede, os actos de xuízo, comparecencias, declaracións e vistas e, en xeral, todos os actos procesuais, realizaranse preferentemente mediante presenza telemática, sempre que os Xulgados, Tribunais e Fiscalías teñan á súa disposición os medios técnicos necesarios para iso.
2. Non obstante o disposto no apartado anterior, na orde xurisdicional penal será necesaria a presenza física do acusado nos xuízos por delito grave.
(...)
Acceso ás salas de vistas.
Co fin de garantir a protección da saúde das persoas, durante a vixencia do estado de alarma e ata tres meses despois da súa finalización, o órgano xudicial
ordenará, en atención ás características das salas de vistas, o acceso do público a todas as actuacións orais.
Exploracións médico-forenses.
Durante a vixencia do estado de alarma e ata tres meses despois da súa finalización, os informes médico-forenses poderán realizarse baseándose unicamente na documentación médica existente á súa disposición, sempre que iso fora posible.
Órganos xudiciais asociados ao COVID-19.
1. De conformidade coa Lei 38/1988, do 28 de decembro, de Demarcación e de Planta Xudicial, o Ministerio de Xustiza, previo informe do Consello Xeral do Poder Xudicial e previa audiencia preceptiva da Comunidade Autónoma afectada, poderá transformar os órganos xudiciais que estean pendentes de entrada en funcionamento no momento da entrada en vigor do presente real decreto-lei en órganos xudiciais que coñezan exclusivamente de procedementos asociados ao COVID-19.
2. Habilítase ao Ministerio de Xustiza para que, oído o Consello Xeral do Poder Xudicial, poida anticipar a entrada en funcionamento dos órganos xudiciais correspondentes á programación de 2020, podendo dedicarse todos ou algúns deles con carácter exclusivo ao coñecemento de procedementos asociados ao COVID- 19.
Actuacións dentro dun mesmo centro de destino.
1. Durante a vixencia do estado de alarma e ata tres meses despois da súa finalización, os Secretarios Coordinadores Provinciais poderán asignar aos Letrados da Administración de Xustiza e demais funcionarios ao servizo da Administración de Xustiza destinados en calquera das unidades procesuais de apoio directo a órganos xudiciais, a realización de calquera das funcións que, sendo propias do Corpo ao que pertencen, estean atribuídas a calquera outras unidades.
2. Nos partidos xudiciais en que non se atopen aprobadas as correspondentes relacións de postos de traballo, a asignación de funcións, no mesmo período establecido no apartado anterior, poderá realizarse entre o persoal destinado en calquera órgano unipersoal ou colexiado.
3. Na asignación que regulan os dous apartados anteriores darase preferencia aos Letrados e Letradas de Administración de Xustiza e demais persoal ao servizo da Administración de Xustiza que accedan voluntariamente e en ningún caso implicará variación de retribucións.
A decisión de asignación adoptarase, en todo caso, mediante resolución motivada que se fundamentará en que a medida resulta imprescindible para garantir a correcta prestación do servizo.
Así mesmo, dita asignación só poderá realizarse entre unidades ou órganos que
radiquen no mesmo municipio e que pertenzan ao mesma orde xurisdicional no que o Letrado ou funcionario veña realizando a súa actividade profesional.
Fomento do teletraballo
Establécese tamén unha modificación da Lei 18/2011, do 5 de xullo, reguladora do uso das tecnoloxías da información e a comunicación na Administración de Xustiza, para facilitar o acceso remoto ás aplicacións utilizadas para a xestión procesual, para fomentar así o teletraballo. As administracións competentes proporcionarán os medios seguros para que estes sistemas sexan plenamente accesibles e operativos sen necesidade de que os usuarios se atopen fisicamente nas sedes dos seus respectivos órganos, oficinas ou fiscalías.
A Dirección Xeral de Xustiza non quere regular de xeito específico o noso teletraballo e remítenos a unha norma que foi feita para a Administración xeral da Xunta de Galicia que nada ten que ver co traballo que facemos nos xulgados.
Ampliación de prazos procesuais.
1. Os prazos que quedasen suspendidos polo estado de alarma, volverán computarse desde o seu inicio.
2. Os prazos para o anuncio, preparación, formalización e interposición de recursos contra sentenzas e demais resolucións que, conforme ás leis procesuais, poñan fin ao procedemento e que sexan notificadas durante a suspensión de prazos establecida polo estado de alarma, e as que se notifique nos vinte días posteriores ao levantamento desa suspensión, quedarán ampliados por un prazo igual ao previsto para a interposición do recurso na súa correspondente lei reguladora.
O disposto no parágrafo anterior non aplicará aos procedementos cuxos prazos foron exceptuados da suspensión de acordo co disposto na disposición adicional
segunda do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo
Ampliación do prazos no ámbito do Rexistro Civil.
1. Nos expedientes de autorización para contraer matrimonio nos que recaese
resolución estimatoria concederase automaticamente un prazo dun ano para
a celebración do matrimonio, a computar desde a finalización do estado de alarma.
2. O disposto no parágrafo anterior aplicarase igualmente a aqueles expedientes nos que non transcorrese o prazo dun ano desde a publicación de edictos, do
seu dispensa ou das dilixencias sustitutorias que prevé o artigo 248 do Regulamento da Lei do Rexistro Civil
3. Durante a vixencia do estado de alarma e ata tres meses despois da súa finalización ampliarase a cinco días naturais o prazo de 72 horas que o artigo 46.1 da Lei 20/2011, do 21 de xullo, do Rexistro Civil establece para que a dirección de hospitais, clínicas e establecementos sanitarios comuniquen á Oficina do Rexistro Civil que corresponda cada un dos nacementos que tivesen lugar no centro sanitario.
Modificación da disposición final décima da Lei 20/2011, do 21 de xullo, do Rexistro Civil.
Dada a imposibilidade de que entre en vigor a Lei do Rexistro Civil de 2011, amplíase novamente o seu vacatio legis, ata o día 30 de abril de 2021
Outras medidas.
Xunto ás anteriores medidas, tamén se crea un procedemento especial e sumario no ámbito do dereito de familia, establécense algunhas modificacións procesuais relativas a procedementos de familia, no ámbito laboral para a impugnación de ERTES regulados na Real Decreto-Lei 8/2020, e en procedementos concursais.
Do mesmo xeito, inclúense tamén medidas relativas á preferencia para atramitación de determinados procedementos no ámbito civil, familia, concursal,
contencioso-administrativo e social.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras