TELETRABALLO
Estamos á espera da convocatoria de mesa de negociación solicitada por STAJ nesta materia para a súa regulación para xustiza de forma permanente. A información proporcionada é que, de momento, será realizable durante o estado de alarma e 3 meses máis dende a finalización deste.
Estamos á espera da convocatoria de mesa de negociación solicitada por STAJ nesta materia para a súa regulación para xustiza de forma permanente. A información proporcionada é que, de momento, será realizable durante o estado de alarma e 3 meses máis dende a finalización deste.
A norma reguladora refírese á actual vixente na Xunta de Galicia máis a resolución da xunta do 12 de marzo que exclúe tanto a sanidade como a educación pero non a xustiza. Pretende unha regulación a nivel nacional, sendo as máximas voluntariedade na súa petición, con medios propios e que non exime de acudir ao seu posto de traballo.
Hai 138 persoas teletraballando, 19 persoas ás que lle falta o informe do superior e 61 pendentes de adxudicación.
PERSOAL ESPECIALMENTE SENSÍBEL
Respecto ao persoal especialmente sensíbel informa o membro de prevención do procedemento tal e como o temos colgado no blogue de STAJ, do que se diu publicidade onte. Preme aquí para acceder ó procedemento
Respecto ao protocolo cando se detecta algún caso de COVID, está plenamente operativo, os xulgados nos que houbo casos, procedeuse á súa desinfección.
Respecto ao protocolo cando se detecta algún caso de COVID, está plenamente operativo, os xulgados nos que houbo casos, procedeuse á súa desinfección.
EPIS
Repartíronse case 21.000 mascarillas, asi como luvas e botes de hidroxel. STAJ insiste en que debe haber material suficiente para abastecer a todo o persoal que esté traballando. O abastecemento suficiente de EPIS debe ser a prioritario.
En liña co pedido por STAJ, infórmasenos de que se entregaron biombos e que se van a repartir 49 máis.
Que van poñer separadores no chan a fin de gardar a distancia de seguridade.
Entregáronse 1.500 pantallas. STAJ solicitou o seu reparto para os xulgados de instrución, Rexistros civís e todo aquel xulgado, servizo ou oficinaque teña atención directa aos cidadáns, incluidos os SCNE e os Xulgados de Paz.
Repartíronse 163 contedores de papeleira, que se porán tanto na entrada dos edificios como nas zonas de salas de vistas.
Insistimos no reparto a tódolos funcionarios de máscaras faciais, sobretodo para a xente que traballa con gafas.
Insistimos no reparto a tódolos funcionarios de máscaras faciais, sobretodo para a xente que traballa con gafas.
Respecto ás peticións de STAJ:
Máscarillas á entrada das sedes xudiciais: está a barallarse esa posibilidade porque é efectiva, pero ata o momento non hai un protocolo sobre este tema, aínda que está encima da mesa.
Ampliación dos horario servizos de seguridade asi como limpeza entre turnos: todo dependerá dos termos do Real Decreto que se publicará hoxe polo Goberno que, de materializarse conforme está redactado o borrador, concretaranse os turnos de mañá e tarde con respecto a este persoal. De todas formas dixémoslle ó Director Xeral que non poden coincidir ambos turnos de traballadores, uns entrando e outros saíndo a mesma hora, e que a ver como van facer para limpar as oficinas entre turnos.
STAJ propuxo que o reparto de EPIS sexa a través de persoal da Xunta de Galicia e que se entregue a todo o persoal que esté traballando.
STAJ propón que as persoas que teñen que teletraballar e non poden por falta de adecuación ao seu posto do equipo informático, lle sexa ofrecido pola Xunta de Galicia.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras