Na reunión do Comité de mañan tamén se vai tratar o procedemento para avaliar o posto de traballo dunha persoa que teña algunha enfermidade, estea embarazada ou en periodo de lactación das consideradas sensibles á COVID-19 e poder determinar a adaptación, ou non, do seu posto de traballo, traballar dende a casa ou no seu caso pedir a incapacidad temporal.
Protocolos que neste eido xa publicaron tanto a Xunta de Galicia como o propio Ministerio de Sanidade, e que no Comite do pasado día 14 de abril explicou o representnte do Servizo de Prevención da Xunta.
En base a ese protocolos xa en vigor, entendemos que mañán se va a explicar o protocolo para o persoal da Adminixtración de Xustiza, que non será mais que a adaptación dso que xa coñecemos.
En base ao que explicou o representante do Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Xunta na reunión do pasado Comité, e o que dispoñen os protocolos xa publicados, o precedemento sera mais ou menos, salvo cambios de última hora, como segue:
Co simple feito de que o/a traballador/a presente algunha das patoloxías indicadas: diabetes, enfermidade cardiovascular, incluída hipertensión, enfermidade pulmonar crónica, inmunodeficiencia, cancro en fase de tratamento activo, se está embarazada ou en periodo de lactación e maiores de 60 anos, non determina a súa consideración de traballador como especialmente sensible, senón que deberá seguir traballando, agás que deba permanecer no seu domicilio polas causas xerais que determinen os protocolos ordinarios de aplicación (persoa con síntomas de coronavirus, contacto estreito cunha persoa enferma...)
De acordo co que antecede, cando un/ha traballador/a se atope dentro dun grupo vulnerable dos sinalados anteriormente, deberanse seguir os seguintes pasos:

1. O/a traballador/a deberá presentar unha solicitude ante os
responsables da súa unidade en que exprese que concorren causas para
considerar o/a traballador/a como grupo vulnerable.
2. O responsable da unidade aplicará as previsións incluídas no
procedemento de actuación para a xestión da vulnerabilidade,
e adoptará respecto ao traballador as medidas que resulten procedentes e na xestión e tramitación desta solicitude, o responsable da
unidade deberá observar o máis absoluto sixilo e
confidencialidade, e custodiarase a solicitude de xeito independente respecto
ao expediente persoal do/da traballador/a co fin de que só o responsable da unidade poida ter acceso a esta información.
3. No suposto en que o responsable da unidade considere que non
sexa posible realizar a adaptación do posto de traballo indicada no
procedemento, remitirá o expediente á Secretaría Xeral Técnica da súa
consellería, achegando un informe xustificativo da imposibilidade de proceder á adaptación do posto de traballo.
4. A Secretaría Xeral Técnica da consellería de destino do/da
traballador/a remitirá esta solicitude ao Servizo de Prevención de Riscos
Laborais (Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza), así como o informe xustificativo do responsable da unidade indicado no punto terceiro.
5. O Servizo de Prevención de Riscos Laborais remitirá a solicitude ao servizo de prevención alleo con que está concertada a especialidade da medicina do traballo (na actualidade Cualtis).
6. O médico especialista en medicina do traballo
avaliará a solicitude recibida e solicitará ao/á traballador/a a documentación
acreditativa da súa situación que resulte procedente. Coa análise da devandita
documentación e da relativa aos riscos existentes no centro de traballo da
persoa solicitante, o facultativo emitirá informe.A actuación do servizo sanitario non suporá a
necesidade de desprazamento nin do/da traballador/a nin do facultativo e
realizarase a través da análise da documentación que aquel lle achegue.
Resulta obrigatorio para o/a traballador/a achegar
toda a documentación requirida polo servizo sanitario; no caso contrario,
entenderase que desiste da súa petición. Mentres se tramita o informe do
especialista, o/a traballador/a ten que continuar realizando o seu traballo,
agás que se determine o contrario en aplicación dos protocolos da Consellería
de Sanidade (o/a traballador/a presenta síntomas da enfermidade, tivo contacto
estreito cunha persoa infectada...).
No que se refire ao informe que emitirá o servizo sanitario, deberá establecer algunha das seguintes medidas:
No que se refire ao informe que emitirá o servizo sanitario, deberá establecer algunha das seguintes medidas:
a) Establecer que non concorre especial
sensibilidade no/na traballador/a e que haberá que seguir mantendo as medidas
de prevención establecidas nas avaliacións de riscos específicas do posto.
b) Se hai novas circunstancias no posto de traballo
que poden elevar o risco na saúde da persoa traballadora, realizará un informe
de adaptación de posto en que se lle indiquen ao responsable da unidade as
medidas de prevención, adaptación e protección que se deban adoptar. Estas
medidas poderán consistir na adaptación do posto de traballo, dotación dunha
protección adecuada que evite o contacto ou de recolocación a outras funcións
exentas de risco.
c) Como última medida e, unha vez acreditada a imposibilidade de realizar as medidas do punto anterior, o facultativo emitirá informe en que indique a imposibilidade de adaptación do posto de traballo e a imposibilidade de aplicar unha protección adecuada que evite o contaxio ou recolocación a outras funcións exentas de risco e, polo tanto, considerarase ao/a traballador/a como especialmente sensible para os efectos da tramitación da incapacidade laboral.
Nesta situación, o/a traballador/a deberá acudir ao
seu médico de atención primaria para tramitar a súa incapacidade laboral e
comunicarllo á Xunta de Galicia.
Para efectos do estudo das circunstancias
concorrentes para a declaración dun/ha traballador/a como especialmente sensible,
realizarase o estudo das patoloxías do traballador en relación co seu posto de traballo, avaliando
especificamente o risco que supoñen as súas funcións en relación coas súas doenzas.
Cómpre destacar que se as circunstancias do posto de traballo non variaron respecto á situación previa da pandemia do coronavirus, non existe no/a traballador/a maior sensibilidade que a que existía con anterioridade.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras