O Comité
de Seguridade e Saúde reúnese por videoconferencia mañá, martes 28 de
abril, coa seguinte orde do día: Covid (Epis, teletraballo, procedemento
persoal especialmente sensible,….)
STAJ vai
defender as seguintes propostas en materia de medios e materiais de
seguridade persoal e colectiva contra a propagación da COVID-19:
Ampliación
de horario dos servizos de seguridade, desde as oito da mañá ata as
oito da tarde de forma ininterrompida e realizando exactamente a mesma labor
que están a facer a día de hoxe. Controlar a todas e cada unha das persoas que
pretendan entrar aos edificios xudiciais e permitir soamente o acceso a aquelas
que o teñan que facer de forma inescusable.
-. Pola
seguridade da cidadanía e do funcionariado da Administración de Xustiza,
solicitamos que todo aquel que teña que entrar nos edificios xudiciais,
por ter citación xudicial ou necesidade de facelo (Rexistro Civil), dispoñan
de luvas e mascarillas, ou ben que se lles poidan facilitar na entrada.
-.
Tan pronto sexa posible, realización de test PCR a todo o persoal. Dotar
ao servizo de seguridade de termómetros sen contacto para medir, nos
accesos ás sedes xudiciais, a temperatura dos usuarios e persoal.
-. Desinfección
entre quendas. Aínda que materialmente pode resultar imposible ao
concibilos de tal maneira, saída ás 14 horas e entrada do seguinte á mesma
hora, é imprescindible que entre eles se desinfecten, mesas, cadeiras, pomos
das portas, impresoras, fotocopiadores, teléfonos, aseos, zonas comúns,
etc. Par que iso teña lugar entre quenda e quenda, propoñemos que se adiante a
saída da quenda de mañá media hora e saian a 13:30 e se atrase a entrada da
quenda de entrada outra media hora e entren ás 14:30. Coa entrada graduada
cunha diferenza dunha hora entre cada un deles poderíase concentrar o servizo
de limpeza en limpar e desinfectar todos os espazos e medios técnicos e
materiais usados pola quenda anterior.
-. Acceso
de todo o persoal aos equipos de protección individuais e colectivos, cousa que
ao día de hoxe non teñen. Debe garantirse que todo o mundo teña acceso a
eses equipos de protección desde os máis básicos, máscaras, luvas, hidroxeles e
pantallas faciales para aqueles servizos e xulgados máis expostos ao público
(SCNE, Xulgados de Garda, Rexistros Civís, Oficinas de atención ao cidadán,
Xulgados de Paz, etc.) Os cales non poden faltar e terán que atoparse xa
repartidos a cada órgano xudicial ao dispor dos funcionarios, débese acabar coa
repartición nas oficinas dos Decanatos, onde fan pasar a todos e cada un dos
funcionarios/ as, formándose colas e correndo un risco alto de contaxio, ao
pasar por unha soa oficina centos de persoas, como sucedería nas sete
localidades grandes.
Tamén se deben ter instaladas os biombos e outras medidas que se consideren idóneas, e organizadas a separación das mesas e o uso dos medios comúns, como impresoras, fotocopiadoras, teléfonos, etc.
Desde
STAJ pensamos que sen tomar todas estas medidas e sen ter ao dispor do persoal
os medios descritos, non se debe obrigar aos traballadores/ as a volver ao
traballo presencial, sería unha irresponsabilidade inadmisible que nos
obrigaría a actuar con todos os medios posibles en defensa da saúde do propio
colectivo e da cidadanía.
Con respecto ao teletraballo, que é outro dos puntos
da orde do día do Comité, supoñemos que na reunión nos darán datos oficiais de
cantas persoas están traballando na casa, de que xurisdiccións e localidades,
que poden uo non poden facer, etc, en definitiva solo datos, esperamos que
non se atrevan a entrar na regulación especifica do teletraballo, furtando á
Mesa Sectorial a súa función, eso non corresponde ao Comité que está formado
por Delegados de Riscos e integrantes do servizo de Prevención da Xunta,
ademáis que polos integrantes da DXX.
STAJ
xa solicitou a semana pasada unha Mesa Sectorial de negociación co gallo de
regular o procedemento para teletraballar, tal como teñen na Xunta, no ámbito
do Ministerio de Xustiza e noutras CCAA con competencias en Xustiza. E seguimos
pedindo esa necesaria reunión, non se pode obviar aos traballadores/as nesta
nova forma de traballar, estamos a falar dunha modificación importantisima
das nosas condicións de traballo.
Xa hai
case 300 persoas teletraballando en Galicia sen ningunha regulación especifica
e xa son horas de regular un método de traballo que chegou para quedarse, non
pode ser que quedemos expostos aos caprichos ou excesos de determinados
superiores xerárquicos .
Por todo
eso esiximos esa mesa de negociación canto antes, por certo, Mesa Sectorial que
tamén pediron outros sindicatos, que agora ao ver na orde do día do Comité o
teletraballo, parece que se conforman e incluso consideran un trunfo que se
trate esto no Comité, parece que todo lles vale co fin de vender un éxito que
non é tal.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras