miércoles, 22 de abril de 2020

STAJ pide a negociación do teletraballo en Galicia, ante a posibilidade de regulación unilateral pola DXX.

Despois de que haxa xa algúns compañeiros/as teletraballando en Galicia, sen unha normativa específica para Xustiza, e sen que a DXX avisara sequera aos representantes dos traballadores/a, despois de que onte o Ministerio aprobase a  regulación do teletraballo dentro do seu ámbto territorial, previa negociación e prazo para alegacións ao borrador polos Sindicatos, despois de que o Goberno recomendase, a quen lle fose posible, seguir co teletraballo polo menos dous meses mais, despois de enterarnos que a Dirección Xeral está elaborando un normativa para o teletraballo na Admon de Xustiza de Galicia sen contar cos representantes dos traballadores/as, consideramos que o Director Xeral  non debe dar ese paso de regular de xeito unilateral unha modificación tan importante das condicións laboráis do persoal de Xustiza, sen contar cunha negociación seria e verdadeira na mesa de negociación cos sindicatos do sector, se sacase unha norma sin negociación previa contradiciría unha chea de disposicións normativas e legais e mesmo o propio sentido común. Debemos de lembrarlle ao Director Xeral que o estado de alarma non suspendeu o dereito á negociación colectiva.

Con motivo do estado de alarma declarado pola crise do Covid-19, da medida de confinamento social adoptada como única vía eficaz de loita contra a expansión dos contagios, e das limitacións de mobilidade adoptadas durante a súa vixencia, o sistema de teletraballo revelouse como unha valiosa ferramenta que permite salvagardar a saúde do traballador/a á vez que garante o mantemento dun elevado nivel de desenvolvemento laboral.

A isto non debe ser allea a Administración de Xustiza, sendo indiscutible que se dende un inicio do estado de alarma se puxese en funcionamento o devandito sistema e se favorecera e promovera o teletraballo do persoal da Administración de Xustiza, poderíase manter sen ningún problema ao persoal xudicial en situación de réxime de dispoñibilidade en lugar de presencialidad o que redundaría na prestación do servizo público de Xustiza e cumprimento dos servizos esenciais co mínimo risco posible para a saúde dos traballadores.

STAJ aposta pola implementación do teletraballo, e facémolo non só pensando no momento actual de vixencia do estado de alarma e mantemento do confinamento, se non tamén para o período de desescalada e de “nova normalidade”, e propoñemos unha consolidación dos tímidos avances e pasos que neste sentido están a realizarse nos últimos días e que a experiencia que achegue a implantación provisional neste período transitorio sexa aproveitada para regular a implantación de forma definitiva desta modalidade de traballo.
Agora ben, consideramos que a implantación deste novo réxime de traballo debe estar sometida aos seguintes principios esenciais:

Implantación definitiva do Expediente Dixital Electrónico a fin de conseguir o obxectivo do denominado “Papel Cero”, establecendo a obrigatoriedade do uso de todas as novas ferramentas informáticas para todos os que traballan nesta Administración (corpos xerais e especiais, corpo de letrados da Administración de Xustiza, xuíces e fiscais).
A Xunta de Galicia debe estar en condicións de proporcionar os equipos informáticos que os traballadores/as uticen na casa, ainda que nun principo poderiamos aceptar que se utilicen equipos privados se o traballador/a así o consinte. Tódolos trabalaldores/as deberán ter acceso ao CAU de Xustiza que lles solucionará a incidencias que poidan ocorrer cos seus equipos. Ninguén pode ser discriminado polo falla de equipos informáticos propios.

Voluntariedade por parte do traballador/a que se queira acoller a esta modalidade profesional e reversibilidade do seu consentimento unha vez prestado e no momento que queira. Acometida do proceso por fases, coa posibilidade de formación específica a quen a solicite.

As tarefas e funcións a desempeñar mediante teletraballo, en todo caso, deberán estar enmarcadas e respectar as funcións que para os distintos corpos establece a Lei Orgánica do Poder Xudicial.

Débese poder ofrecer o acceso a esta modalidade a todos os traballadores/as sen excepción garantindo períodos de rotación se se chegase a superar, de existir, o número máximo de persoal en situación de teletraballo.
En ningún caso o exercicio desta modalidade pode supoñer o aumento de carga de traballo do persoal que siga prestando os seus servizos de forma presencial, buscando fórmulas de compensación para que eso non se produza. Non se trata de traballar uns mais que outros, se non de facelo todos dunha maneira mais axeitada e doada.  

A opción deste sistema debe garantir e respectar o exercicio de tódolos permisos, vacacións e licenzas recoñecidos, garantindo a desconexión dixital así como o descanso diario e semanal obrigatorio.
Neste senso debemos idear tamén unha desconexión telefónica, fixando unha franxa horaria rixida dentro da xornada laboral para recibir instruccións dos superiores, fora desa franxa ninguen esta obrigado a coller o teléfono.

• Dita regulación deberá abarcar tamén o tipo de xornada laboral e tempo de teletraballo, horarios de traballo e o tempo mínimo e máximo de dedicación diaria así como a flexibilidade horaria.
Deben existir quendas entre compañeiros que se acollan a esta modalidade e días máximos de teletraballo á semana para todo o persoal, alternando traballo presencial e teletraballo.
Determinación da presencialidade mínima necesaria na oficina xudicial por parte do traballador a fin de garantir a atención presencial que sexa requirida nos procedementos da súa responsabilidade. Cada quen debe facer o seu traballo, ben denda a casa, ben dende o xulgado, alternando ambas posibilidades.
Hai que fixar un sistema que garanta as condicións esixidas en materia de prevención de riscos laborais; postos de traballo que, pola súa natureza e características son susceptibles de ser desenvolvido baixo esta modalidade; etc.. 

Por todo o exposto STAJ solicita a convocatoria urxente de Mesa Sectorial de Xustiza a fin de negociar a regulación relativa á implantación da modalidade de teletraballo na administración de xustiza galega durante a etapa do estado de alarma declarado pola crise do Covid-19, durante o posible plan de desescalado, así como a súa posible e posterior implantación definitiva.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras