jueves, 23 de mayo de 2019

CONVOCATORIA DO COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE DE XUSTIZA

Logo das distintas e reiteradas peticións que dende STAJ temos remitido á DXX a fin de que se convoque o Comité de Seguridade a Saúde de Xustiza convócanos a reunión de Comité de Seguridade e Saude de Xustiza para o próximo día 27-05-2019 as 10:30 horas coa seguinte orde do día:
  
1.       Regulamento do Comité de Seguridade e Saúde
2.       Entrega de fichas identificativas dos riscos laborais
3.       Implementación do plan de acción da avaliación específica de traballos de campo nos SCNE
o Tarxeta de acreditación especial nos SCNE
o Curso on line violencia e agresións no traballo
o Entrega de impermeables, chaleco reflectante, silbato para cans
4.       Solicitude de adscrición por motivos de saúde no Xulgado de Instrución 3 de Vigo
5.       Programación 2019
6.       Información respecto de infraestruturas e subministración de mobiliario
7.          Rolda de intervencións

Dende STAJ conseguimos:
1) que a Xunta se comprometerá a redacción do texto do Regulamento do propio Comité de Seguridade e Saude, ferramenta indispensable que noutros ámbitos públicos xa tiñan e nós aínda non, pero o borrador presentado quédase curto y solo recolle parte das alegacións que no seu día fixemos.
   
2) Entrega de fichas identificativas dos risgos laboráis: obxecto de reclamación por parte de  STAJ ao Comité en escrito presentado o pasado mes de marzo onde tamén se insta a que o mesmo se reúna por transcorrer con exceso o prazo legal que establece a lei (3 meses). Por desgraza, de nada sirve a entrega de fichas (deficientes por outra parte) dos riscos laboráis, se non se implementan as medidas que a propia Inspección de Traballo dice que débense realizar. É habitual que a Inspección de traballo faga unha exposición das médidas a adoptar para eliminar un risco laboral detectado e que a Xunta non mova un dedo para implementalas.

3)  Respecto da evaluación de riscos laboráis en actuacións xudiciais a realizar fóra da oficina xudicial, tales como nos Servizos Comúns de Notificacións e Embargos ou calquera outro xulgado que teña que realizar actuacións fóra da oficina xudicial, na convocatoria incluen varias das propostas que desde  STAJ levamos anos perseguindo e denunciando (como a tarxeta identificativa que agora comezan a regular) pero non inclúen outras que cosideramos necesarias, como a dotación de mascarillas e guantes necesarios nalgún lanzamento ou embargo ou a dotación dun medio de comunicación para que o funcionario non teña que facer uso do seu teléfono particular poñendo medios personais a disposición da Administración sen que se compense dalgunha forma. Este tipo de avaliación, segundo o requirimento da Inspección de Traballo, debe efectuarse en todos os Centros de Traballo de Galicia que realicen  actividades fóra da sede xudicial e non só no  SCNE de Santiago.  STAJ así o demandou e volveremos facelo o día da reunión, consideramos insuficientes as conclusións ás que póindase chegar da avaliación dun só centro de traballo, deben realizarse en todos os  SCNE de Galicia pois en cada un pode haber peculiaridades determinantes.

4) Cuestión  importantísima, o “Proxecto de Protocolo contra o acoso laboral” capaz de protexer ao colectivo de funcionarios de Xustiza (Médicos Forenses, Xestores, Tramitadores e Auxilio xudicial) pois como xa  STAJ repetiu en multitude de ocasións, somos os únicos funcionarios en territorio galego que non dispoñemos deste mecanismo de protección fronte a posibles condutas de risco que poden afectar gravemente á nosa saúde.  STAJ presentou no año 2016, trala constitución do Comité un borrador sobre o que traballar para que se articule como medio imprescindible para a protección do noso colectivo.


5)  Un gran logro foi conseguir, tamén a través de la correspondente denuncia que se regule un procedemento administrativo no que todos os traballadores pertencentes dá  MUGEJU poidan comunicar a través dun “parte de accidente” para presentar ante a Dirección  Xeral que foron vítimas dalgún accidente ou incidente de traballo para que, previa investigación dos feitos relatados como orixe do accidente, declarase a existencia ou non do devandito accidente de traballo para poder acollerse a todos os beneficios que a  MUGEJU recoñece ás vítimas de accidente de traballo, cuxas circunstancias nada teñen que ver coa existencia de “continxencias comúns”. Dásenos traslado agora da relación de accidentes de traballo que á Administración cónstalles y faremos unha exhaustiva comprobación dos datos porque do seu rexistro depende futuros plans de actuación que redunden unha mellor saúde laboral de todo o colectivo.


Dende STAJ vixiamoso a seguridade e saúde laboral como unha prioridade do noso traballo e vos daremos conta do resultado da reunión do día 27 e dos acordos nela adoptados.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.