jueves, 13 de diciembre de 2018

O Pleno do Senado aproba recuperar os días de permiso e manter os centros de destino

Apróbase, igualmente, a introdución de mecanismos de Carreira Profesional, a eliminación dos descontos en situacións de IT, e a eliminación da obriga de cesar aos interinos de reforzos aos seis meses.

Tal como se manifestou polos diversos Grupos Políticos a STAJ, o Pleno do Senado aprobou en sesión celebrada onte día 12 de decembro, a introdución de diversas emendas ao texto remitido polo Congreso dos Deputados. 

Aínda que non están todas as emendas que pedira STAJ, (recuperación reserva 50 por cento en promoción interna ou a eliminación da prohibición de incremento de persoal en caso de nomeamento de Xuíces de Adscrición para reforzo de xulgados ou tribunais, etc) si que se recolle unha parte moi importante.

Sen prexuízo de ampliar ou corrixir esta información tan pronto contemos co texto definitivamente aprobado no Senado, podemos adiantar que se retirou a reforma do Artigo 521 LOPJ, de modo que queda coa súa redacción actual e polo tanto non se unifican nun só os centros de destino de cada municipio.

Se emenda tamén o texto aprobado no Congreso en canto á limitación da duración dos reforzos a 6 meses, que se elimina. Tamén se aproba a introdución da Carreira Profesional e a posibilidade de establecemento do seu complemento retributivo na LOPJ para o persoal da Administración de Xustiza, ata agora vedada para estes funcionarios. 

Por último, apróbase a modificación do artigo 504 para a eliminación dos descontos en situacións de Incapacidade Temporal e actualización de retribucións durante as mesmas. Emendas todas que foran solicitadas por STAJ aos Grupos Parlamentarios. Por outra banda, mantense no texto a recuperación plena do permiso de 9 días por asuntos particulares, con efectos retroactivos a 2017, podendo gozarse os correspondentes a 2017 e 2018 no ano 2019 (aínda que con limitacións en canto a súa goce, porque non poderán acumularse entre si, nin ás vacacións).

Como xa informamos en anteriores notas, o seguinte trámite é a aprobación no Pleno do Congreso, onde se todos os Grupos cumpren o que nos prometeron, deberían prosperar estas emendas introducidas no Senado e, con iso, a eliminación da unificación dos centros de destino e resto de modificacións aprobadas por este. 


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.