martes, 18 de diciembre de 2018

O goberno confirma que vai subir os salarios ao persoal funcionario dende o 1 de xaneiro sen esperar a que se aproben os orzamentos

Meritxell Batet, ministra de Política Territorial e Función Pública, asegurou aos medios de comunicación que o Goberno seguirá adiante co aumento dos salarios dos/as  empregados/as públicos/as a partires do 1 de xaneiro do 2019.

A Ministra non aclara se a subida se vai aprobar mediante Real Decreto antes de que remate o ano ou se aproba máis tarde e se abona posteriormente con efectos retroactivos. 

A subida é dun mínimo do 2,25% do salario. Esta porcentaxe podería aumentar nun 0,25% se o PIB aumenta a un 2,5% (a previsión é que aumente un 2,3%... é dicir, non dan puntada sen fío...) e outro 0,25% máis procedente de fondos adicionais.



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.