miércoles, 25 de marzo de 2026

Substitucións entre titulares: adxudicacións

A DXX informa de que está previsto que no do día de hoxe a resolución coa adxudicación das últimas prazas ofertadas para a súa cobertura mediante substitución entre titulares na Intranet e na web da consellería.

A incorporación ao posto de traballo en substitución será na data de efectos indicada no correspondente acordo de substitución.

A renuncia á substitución adxudicada pola presente resolución, será penalizada coa imposibilidade de obter unha nova substitución durante o período dun ano.

O posto de traballo deberá ser ocupado de xeito efectivo, salvo causa xustificada, pola persoa adxudicataria da substitución, mesmo con interrupción, de ser o caso, do desfrute de vacacións, licenzas ou permisos, que en todo caso terán que ser informados polo órgano de destino e autorizados pola correspondente xefatura territorial de acordo coas necesidades do servizo.

Ver resolución adxudicacións

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras