Desde o Ministerio
remítennos borradores das convocatorias dos procesos da quenda de promoción
interna dos Corpos Xerais, así como do Corpo de Letrados da Administración de
Xustiza, adaptadas ao acordo alcanzado, e dannos un prazo ata o 7 de xaneiro de
2019 para presentar alegacións.
Conforme ao disposto nos
Reais Decretos 954/2018, e 955/2018, do 27 de xullo, polos que se aproban a
oferta de emprego público para o ano 2018, provisionalmente Galicia convoca 7 prazas
en Xestión, con reserva dunha praza para persoas con discapacidade e 3 prazas
para Tramitación.
Queda pendente, entre
outros asuntos tratados nesa Mesa, o envío da convocatoria do Corpo de Médicos
Forenses. Neste caso, co fin de promover que os temarios se adapten ás funcións
propias do Corpo, está a realizarse unha análise do temario pola Subdirección
Xeral de Organización e Coordinación Territorial da Administración de Xustiza e
polos Institutos de Medicina Legal, coa intermediación das Comunidades
Autónomas.