martes, 25 de septiembre de 2018

STAJ solicita información precisa sobre o plan de recuperación

Ante o obscurantismo ao que nos están sometendo tanto a Xunta de Galicia como os sindicatos que forman a comisión de seguemento con respecto ao plan de recuperación, vémonos na obriga de instar á Dirección Xeral para que con carácter inmediato publique na intranet información precisa dos pasos a seguir, tales cómo:

  • qué xulgados van entrar no plan de recuperación
  • cantas horas se poden recuperar
  • cómo se poden recuperar (horarios, etc...).
  • canto se vai alongar (meses) en cada oficina ou servizo. Hai un periodo mínimo e máximo?
  • Van entrar as oficinas de fiscalía, Imelga e Servizos Comúns que participaron no anterior plan?
  • se o meu xulgado non entra no plan de recuperación.... quedo excluido/a do mesmo?
  • se o persoal do meu xulgado entra no plan de recuperación, pero eu non quero facelo, quén saca o traballo derivado desas horas?
  • pódense celebrar vistas dentro do horario do plan de recuperación? e se se alongan máis das horas previstas.... vanme retribuir o exceso horario?
  • Pódese notificar por lexnet nas horas destinadas ao plan de recuperación,  ou obrígante a notificar nas horas ordinarias de traballo?


Xa dende o comenzo instaron á xente a que se anotase a cegas, sen saber nada de cómo se iba desenrolar o plan de recuperación e  a única información da que se dispón é a que de maneira puntual ofrecen os xornais ou a TVG falando das bondades dun plan que, á vista do acontecido, segue sen estar planeado.



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.