Tal como nos temíamos desde a DXX infórmase de que foi asinado polo Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes a Orde sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, tras ser informado favorablemente polo Consello xeral do Poder Xudicial e pola Asesoría xurídica xeral. O proxecto de Orde foi tramitado de conformidade coa Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
Unha vez publicada a Orde no DOG, a Dirección xeral iniciará o procedemento para a formalización da convocatoria das bolsas, en aras de resolver o antes posible o problema asociado ao esgotamento da bolsa actual, da cal se dará traslado.
Esta bolsa de interinos é a que establece a lista única (en lugar das tres actuais) para cada un dos corpos, que no caso de traballar un ano ou máis e césase conxélaseche durante catro meses. É a bolsa que recolle que se debe pagar unha taxa para poder inscribirche na mesma etc.
Desde STAJ valoramos levar a cabo todas as accións xudiciais necesarias se esta normativa se nos impón.
Deixamos o borrador da bolsa de interinos que pensamos que será o que se publique.