miércoles, 7 de octubre de 2026

Aclaración envio de correos por actividade formativa en Ourense

Por mor de diversas consultas realizadas pola realización dunha actividade formativa en materia de prevención de riscos laborais para o persoal funcionario da Administración de Xustiza de Ourense, o Servizo de Prevención de Riscos Laborais desa provincia remite a seguinte información, agardando que se aclaren as posibles confusións que houbo entre o persoal:  

"A orixe desta acción formativa é a seguinte: 

Un accidente de traballo ocorrido no Edificio Xudicial de Ourense R/Velázquez s/n, o día 02/09/2025 (a unha traballadora manipulando unha caixa pesada caeulle nun pé) e do que se levou a cabo a correspondente investigación.

Da devandita investigación despréndese que unha das causas que contribuíu ao accidente foi a falta de formación específica en materia de manexo de cargas, ergonomía e movementos repetitivos, por parte da traballadora afectada. 

En cumprimento do disposto no artigo 19 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais, o cal establece a obriga do empresario/a de garantir que cada persoa traballadora reciba formación teórica e práctica, suficiente e adecuada, en materia preventiva, tanto no momento da súa contratación como cando se produzan cambios nas funcións ou se introduzan novas tecnoloxías ou cambios nos equipos de traballo, e de conformidade co establecido no Plan de Prevención vixente na empresa, comunícaselle que se procederá á realización dunha acción formativa específica en liña dirixida á totalidade do persoal (da Xunta de Galicia) do centro de traballo.

*A formación elixida abrangue catro cursos de dúas horas cada un, que deberá realizar todo o persoal:

-Principios de Seguridade e saúde, riscos e medidas preventivas do posto de traballo (2 horas)

-Oficinas e despachos: riscos e medidas preventivas (2 horas)

-Pantallas de visualización de datos: riscos e medidas preventivas (2 horas)

-Escadas manuais: Riscos e medidas preventivas (2 horas)

*Informar que:

Os cursos estarán operativos 6 meses de 1 de outubro a 31 de marzo.

O persoal traballador recibirá un correo electrónico de Vitaly, no que haberá un enlace para acceder á formación.

En caso de que non o recibiran que verifiquen que non foi a correo de spam. 

Tendo coñecemento de que moitas persoas traballadoras eliminaron o correo de Vitaly, por falta de información previa, a semana vindeira reenviarase un correo masivo a todo o mundo para que poidan acceder e realizar os cursos. 

O aplicativo non distingue as persoas que xa accederon aos cursos, polo que volverán a recibir outro correo, estas persoas deberan borrar o correo; e o resto do persoal poderá acceder aos cursos."

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras