STAJ dirixiuse novamente ao Ministerio de Xustiza denunciando os despropósitos que tristemente estamos a presenciar no proceso selectivo correspondente á OPE 2016 na Administración de Xustiza.
Poucas prazas nalgúns ámbitos, especialmente para a Promoción interna; exasperante tardanza nos señalamientos das datas dos exames, mesmo con suspensión dalgún deles; eliminación de sedes de exame; designación dalgún membro de tribunal preparador de oposicións; aulas deficientes nalgunhas sedes; exercicios dunha dificultade extrema con preguntas inapropiadas, nalgúns casos, para o nivel de coñecementos e as funcións que se esixen a determinados Corpos, ademais de preguntas anulables pola súa confusa ou mala redacción, ou por ter varias respostas posibles; notas de corte elevadísimas...
E o último, que colma o vaso: filtracións das notas de corte días antes da súa publicación oficial na Web do Ministerio, o cal arroxa sobre todo o proceso a sospeita de posibles fraudes pois, se é posible a filtración da nota de corte, tamén poderían filtrarse algunha ou algunhas preguntas dos exercicios.
En resumo, se por algo se caracterizou este proceso selectivo é pola sucesión de despropósitos que padecemos co mesmo.
O Ministerio debe pon fin a esta situación, abrir as investigacións que procedan, e, no seu caso, esixir cantas responsabilidades sexan precisas.
Todas estas e outras cuestións foron trasladadas reiteradamente ao Ministerio de Xustiza, e hoxe volvemos a denuncialo esixindo responsabilidades e un cambio nesta situación.
É preciso ir máis aló e lograr un profundo cambio na concepción dos procesos selectivos, especialmente no relativo ao seu desenvolvemento e transparencia. Desde STAJ volveremos facer as nosas propostas para futuras convocatorias, esixindo maior número de sedes de exame, esixindo notas de corte apropiadas e previamente coñecidas polos opositores, elaboración dos exercicios acorde coa cualificación e funcións de cada Corpo, en definitiva, garantías e transparencia. É de xustiza.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.