viernes, 15 de junio de 2018

CIRCULAR INFORMATIVA RELATIVA AO HORARIO DE VERÁN 2018

Tal como pedimos no escrito presentado en data 11-06-2018, mal que lle pese a algún sindicato que nolo reprochou afirmando que non facía falta porque os efectos da circular do ano pasado estendíanse a este, a última hora da mañá a Dirección Xeral de Xustiza publicou na intranet circular informativa relativa ao horario de verán 2018, que reproducimos íntegramente a continuación:

“Comunícase que o programa de control horario, dende o vindeiro 16 de xuño ata o 15 de setembro de 2018 permitirá que o fichaxe da xornada laboral no horario flexible podase realizar de luns a venres dende as 7.30 horas ata as 9.00 horas.

Lémbrase que o tempo fixo continuado de obrigada presencia é de cinco horas e media, de luns a venres, entre as 8.30 horas e as 14.30 horas, de tal forma que a xornada laboral non poderá rematar antes das 14.00 horas.

Durante a xornada de verán, o control horario do persoal  que realiza prolongacións de xornada adaptarase para aplicar unha redución equivalente (2 horas e media semanas) á que se lle aplica ao persoal que non realiza a prolongación de xornada.”

Con esta circular a Dirección Xeral de Xustiza dános a razón cando dixemos que mentres que non se modifique a Orde de horario do 18 de xuño de 2014 haberá que renovar con novas circulares anuais a posibilidade de fichar a entrada laboral ás 7:30 horas da mañá. De non facer esta publicación anual solo se conseguiria crear inseguridade xurídica, precisamente por non haber modificado a orde do horario.
Tamén no mesmo escrito deixamos pedido, como se recolle nesta circular, que durante a xornada de verán as prolongación de xornada adaptáranse para aplicar a redución de duas horas e media 


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.