Publicada no DOG a LEI 8/2017, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018.
A pesar de que na súa exposición de motivos di:
Para a economía galega o escenario macroeconómico prevé a continuación da fase expansiva desta, debido a que mantén en 2017 o ritmo de crecemento do ano anterior, e estímase un crecemento máis moderado do PIB galego no ano 2018, ben que cun diferencial favorable respecto do conxunto de España. Este escenario aséntase sobre:
– A achega da demanda interna,
– A formación bruta de capital, que crecerá en 2018 por encima de 2017.
– A demanda externa neta, que será positiva no ano 2018, cunha diminución de oito décimas respecto do ano anterior.
– Por último, a taxa de paro, que se situará lixeiramente por encima do 14 por cento en 2018, manténdose por baixo da previsión para España segundo os principais organismos públicos.
O artigo 24 respecto a nós di o seguinte:
Artigo 24. Retribucións do persoal dos corpos de funcionarios ao servizo da Administración de xustiza
Un. O persoal funcionario dos corpos ao servizo da Administración de xustiza que desempeñe as súas funcións no ámbito competencial da Comunidade Autónoma de Galicia percibirá as retribucións que se determinen, se é o caso, na correspondente prórroga dos orzamentos xerais do Estado e, en todo caso, na Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018 e na demais normativa que lle sexa aplicable.
Dous. Os complementos e as melloras retributivas reguladas nas disposicións ou nos acordos adoptados polos órganos da Comunidade Autónoma no exercicio das súas competencias verbo deste persoal non experimentarán incremento respecto das vixentes o 31 de decembro de 2017.
DOG
DOG