jueves, 28 de diciembre de 2017

STAJ esixe persoal de seguridade no Xulgado nº 2 de A Estrada

Actualmente os xulgados de  A Estrada contan con dúas personas, unha da Guardia Civil e outra dunha empresa pivada, que vixian as instalación e protexen os traballadores/as, profesionais e a persoas que acuden a esas dependencias. En concreto no Xulgado nº 2 contan cunha  persoa dunha empresa privada de seguridade.
Desde hai días a persoa de seguridade privada que prestaba servizo no Xulgado nº 2 de A Estrada, por instrucccións recibidas por órganos de esa Administración, deixo de vixiar e protexer as instalacións e o persoal de Xulgado nº 2 e fai en exclusiva esas labores no Xulgado nº 1, quedando o nº 2 desprotexido. Esto debese a que o Guardia Civil que estaba destinado no Xulgado nº 1 atopase de vacacións ata o 20 de xaneiro, e alguen decidiu que deixase de facer as funcións no Xulgado nº 2 e as fixese, ata a volta de vacacións do Guardia Civil, no Xulgado nº 1, en definitiva “desvestiuse a un santo para vestir outro”.
 Dase a circunstancia que no Xulgado nº 2 a plantilla e solo de 5 persoas e que por mor das vacacions do Nadal solo acuden a traballar dúas ou tres durante estas festas, e en momentos puntuais, ben por sair ao descanso diario, ben por sair a facer dilixencias fora da sede xudicial, nas oficinas queda solo unha ou dúas persoas, incrementándose de maneira considera o risco de que se produzcan incidentes que atenten contra a seguridade das persoas que ali traballan ou dos propios cidadans que acuden a esas dependencias.
 Coa seguridade do persoal no se xoga, en todolos edificios da Xunta hai constantemente persoal de seguridade que se sustitue por outros cando se atopan disfutando de vacacions ou permisos. Non esperemos a que pase algunha cousa para botarnos as mans a cabeza. Dende logo este Sindicato esixirá todo tipo de responsabilidades, aos que xogan coa seguridade dos demáis por aforrar uns euros, si acontecese algo que puxese en risco a seguridade persoal ou integridade física dos  traballadores/as, dos cidadans ou dos profesionais que acuden ao Xulgado nº 2 de A Estrada.
ver lavozdegalicia.es
Ver escrito remitio por fax