Dado que transcorreron tres meses desde a celebración do último Comité de Seguridade e Saúde de Xustiza, STAJ presentou o pasado día 1 de xuño escrito solicitando nova convocatoria para tratar todos os temas que mais afectan á seguridade e saúde dos traballadores, algúns dos cales foron propostos no anterior Comité, quedando por tanto pendentes dunha adecuada resposta por parte da Administración.
Sen ir mais lonxe teremos que obter unha cumprida resposta ao feito de que non se procedeu a data de hoxe, á repartición dos repousapés que segundo manifestou a administración alá polo mes de outubro, ía iniciar polos Xulgados das pequenas localidades.
O mesmo cabe dicir con respecto á repartición de cadeiras novas aos Xulgados posto que de forma reiterada comunicóuselle á Administración que na súa inmensa maioría atópanse en mal estado e que ademas non son adecuadas para evitar as malas posturas polo que están a ocasionar lesións de costas de todo tipo a un elevado numero de traballadores, manifestando o Presidente do Comite, nesa mesma reunón do mes de outubro, que se tentarían cambiar ao longo deste ano (2017) unha vez fosen aprobados os orzamentos en Galicia polo que se ían a pedir orzamentos a provedores a tal fin. Pero, destes dous temas non se sabe absolutamente nada.
A maiores, e debido ao aumento de aplicacións informáticas que motivan un continuo uso do "rato", solicitouse provéase a todos os traballadores dunha alfombrilla con xel para apoiar a boneca e asi previr futuras lesións da mesma.
Tamén se pediu desenvolver un plan de formación a todos os funcionarios nas diferentes áreas da prevención e naqueles puntos que xeren un especial interese como é o caso concreto de peticións realizadas por funcionarios respecto da posibilidade de que se imparta un curso de primeiros auxilios.
En definitiva, todos estos temas e outros sobre os cales se pide información ao Comité podedelos ver na ligazón que aparece ao final, sen esquecer que no seu momento, informarase puntualmente de todos os temas que sexan incluídos como puntos da orde do día.