jueves, 8 de junio de 2017

Circular informativa relativa ao horario de verán 2017

Onte, a última hora da mañá a DXX publicou na intranet unha circular informativa relativa ao horario de verán 2017, onde comunícase que o programa de control horario, dende o vindeiro 16 de xuño ata o 15 de setembro de 2017 permitirá que o fichaxe da xornada laboral no horario flexible podase realizar de luns a venres dende as 7.30 horas ata as 9.00 horas.

Lémbrase que o tempo fixo continuado de obrigada presencia é de cinco horas e media, de luns a venres, entre as 8.30 horas e as 14.30 horas, de tal forma que a xornada laboral non poderá rematar antes das 14.00 horas.

Grazas de novo aos máis de 1500 compañeiros/as que colaborararon coa campaña de STAJ e  que lle fixeron chegar a sua solicitude a DXX, pois que estamos seguros que foi o que inclinou a balanza para que se nos permitan entrar as 7:30 no horario de verán.