martes, 29 de marzo de 2016

STAJ solicita que os coidados domiciliarios a fillos menores, persoas maiores dependentes ou discapacitadas se regule como "deber inexcusable".

O pasado mércores día 23 presentamos un escrito á DXX para que modifique a Resolución  de 8 de abril de 2009 que regula as Vacacións, Permisos e Licenzas do persoal que presta servizos na Administración de Xustiza en Galicia, e se recolla o dereito como deber inexcusable, basado no artigo 48.j do EBEP, de asistir, coidar e velar polos fillos/as menores enfermos, cando en base a un certificado médico, deban gardar reposo na súa casa, e durante o tempo necesario para a súa  total recuperación.

Que este mesmo dereito sexa recollido para persoal que teña baixo a súa garda ou tutela a persoas discapacitadas ou persoas maoires dependentes que convivan co interesado/a, na mesma extensión e cos mesmos requisitos que no anterior suposto.

A solicitude esta basada nos fundamentos dunha sentenza que gañou STAJ na Comunidade de Madrid, e da interpretación que fan varios tribunais do artigo 48.j do EBEP que fala do permiso por deber inexcusable.

"Dentro das obrigas que o Código Civil lles impón os proxenitores,  naturais ou por adopción, están as e cuidar e velar polos fillos  menores, obriga que se os propios proxenitores non poden rexeitar e que se constitue como unha deber inexcusable de carácter persoal e público o mesmo tempo.

A doctrina dos Tribunais españois fixa esa obriga de maneira inequívoca como un deber inexcusable de carácter público e persoal, reconocendo a seu exercico, para o persoal funcionario, como  un dereito recollido no artigo 48.j do EBEP, sendo necesario para o seu disfrute o correspondente certificado médico. Vexanse a sentenza do TSX de Galicia, Sala do Social de data 17/01/2007, a sentenza do TSX de Castilla-León, Sala do Social de data 11/11/2003 ou a sentenza do Tribunal Constitucional de 14 de marzo de 2011, e máis recentemente a sentenza do Xulgado do Contencioso nº 30 de Madrid.

Segundo a doctrina que acabamos de reseñar, non cabe dúbida de que acudir ó médico cun fillo/a menor, así como asistilo na súa enfermidade, velar por el/ela e cuidalo durante o periodo fixado no tratamento médico prescrito, debe ser configurado e catalogado como un deber inexcusable, retribuido na súa totalidade e amparado no artigo 48.j do EBE. 

Para maior abundamento, esto xa no eido administrativo, aportamos a resposta que dá a Dirección General de Función Pública de data 26/03/2013, dependente do Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas, a unha consulta sobre “el tratamiento que ha de darse a las ausencias de un trabajador que, de acuerdo con un certificado médico, debe realizar cuidados domiciliarios a su hijo”, entre outras cousa di a Dirección General que “ la paternidad constituye una obligación personal de carácter inexcusable, para la persona que sea designada tutor, salvo que sea removido de su cargo, de forma que el trabajador podrá acogerse al permiso por deber inexcusable de carácter público para suministrar cuidados domiciliarios a sus hijos, siempre que dicha necesidad se acredite mediante certificado médico y, en general que se justifiquen los requisitos establecidos legalmente”.

Tamén oportamos a Resolución de data 24 de febrero de 2016, resolvendo un recurso de Alzada interposto por este Sindicato, en defensa dos dereitos dunha afiliada, ante a Direccion General de Relaciones con la Administración de Justicia, quen lle concede os días nos que o seu fillo estivo na casa aqueixado dun proceso gripal, determinado que esa clase de dereitos derivan do artigo 48.j do Estatuto Básico do Empleado Público (EBEP) e deben ser considerados como un deber de carácter inexcusable.

Por  último, consideramos que esta obriga de carácter inexcusable é extensible para coidar e velar por incapacitados e persoas maiores dependentes que vivan baixo a tutela ou garda de persoal funcionario da Administración de Xustiza, desenrolándose deste xeito en toda a súa plenitude o dereito recollido no propio artigo 48.j do EBEP, porque esas mesmas obrigas de carácter persoal e público se recollen na lexislación de cara a persoas discapacitadas e persoas maiores dependentes, obrigando os seus titores ou gardadores."
Ver escrito presentado