jueves, 18 de febrero de 2016

Convocatoria para cubrir polo sistema de libre disposición as prazas de Secretari@s dos Fiscais Xefes,

Hoxe publicouse no DOG a convocatoria de provisón,  polo sistema de libre disposicion, dos 4 postos de Secretario/a dos Fiscais Xefes Provinciais.
As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo de San Caetano, 15771 Santiago de Compostela), nas súas xefaturas territoriais ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe no anexo II.
Denominación do posto: secretario/a fiscal xefe provincial.
Subgrupo: C1-C2.
Nivel: 20.
Complemento específico: 6.083,52.
Corpo ou escala: xeral/tramitador procesual e administrativo.
Adscrición admóns. públ.: A13 (adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado, CC.AA, e Administración de xustiza).
Formación específica: 641-para persoal doutra Administración, curso de iniciación de galego (R.I.).
Dependencia: Unidade de Apoio á Fiscalía Superior.
O prazo para solicitudes é de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe no anexo II.
Velo DOG