martes, 30 de septiembre de 2014

E AINDA POR RIBA RINSE DE NÓS.

Sentín noxo, moito noxo o pasado xoves cando Montoro anunciou cunha media sorrisa burlona, que nos ía a devolver o 25% da paga extra roubada no 2012. Un 25% en cómodos prazos ó longo do  ano 2015, non vaia a ser que nos atragantemos coa enchenza de cartos. Estounos vendo, a Montoro e o seu equipo, partíndose de risa no momento en que tomaron esa decisión.

Sí, rinse de nós e de toda a cidadania, o vincular esta devolución a mellora da economía, como un xesto xeneroso en agredecemento aos empregados públicos que tanto sacrificio fixemos polo ben do país.

Non dixeron nin Montoro nin Rajoy que ese 25% supón pouco máis (tan solo un día) dos 44 días da extra que os tribunais están obrigando a devolver ós funcionari@s de tódalas administracións do Estado, como consecuencia de que ata o 15 de xullo non entrou en vigor o RDL que nos furtaba a extra. Non nos están a dar nada, tan solo o que os tribunais, tarde ou cedo, acabarían dándonos de xeito xeneralizado.

Dalle igual a Montoro que ó noso colectivo, os xuíces lle estén a conceder, en Galicia e en outras Autonomias, case toda a cantidade que supón unha paga extra, e por iso non fixo nengunha excepción ó 25%, nin tampouco falou de intereses a aplicar sobre a deuda contraída cos funcionari@s.

Pero como todo é superable, incluso o comportamento máis noxento, fala Feijoo e dí que en Galicia él tamén vai a devolver o 25%, pero non no 2015, senón o longo de dos anos 2015 e 2016, e ademáis diso seguiranos quitando no 2015 as mesmas cantidades que xa nos quitou das extras no 2013 e 2014. Para chulo eu.

Si señor cun par…., devólvenos 400 euros en dous anos e quítanos máis de 1000 solo no 2015. Volvo  imaxinar a Montoro escarallándose de risa cando se enterou do de Feijoo.

Con esto Galicia vai ser a única Comunidade Autónoma que o ano que ven recorte os seus funcionari@s, Andalucía e Cataluña xa anunciaron que paraban os recortes o seu persoal, e menos mal que Galicia case non está endeudada.

Os funcionarios galegos estamos a sufrir as consecuencias das aspiracións políticas de Feijoo, pretende ser o primeiro en chegar ao déficit cero, por aquello de gañar puntos para suceder a Rajoy, e para conseguir ese obxetivo persoal non lle importa o máis mínimo pisar os nosos dereitos, aínda que cheguemos a pasar fame.


SÍ NOXO… MOITO NOXO ME DAN OS POLÍTICOS.