lunes, 16 de junio de 2014

Aclaracións á extensión de efectos das sentenzas que recoñecen a paga extra en Galicia: RECOMENDAMOS ESPERAR

Respecto á solicitude de extensión de efectos temos que aclarar o seguinte:

- Hai que pedila por medio de SOLICITUDE, firmada por abogado.

-   Ten que ser individual, os xulgados do contencioso así o esixen.

-   Temos un ano de prazo para solicitala.

  Debe ser ante o xulgado que dictou a sentenza.

- O Xulgado competente determínase polo domicilio do solicitante, non polo lugar de traballo. Sen embargo, unha sentenza dos xulgados contenciosos de Santiago, extendería os seus efectos a toda Galicia, si a demanda se presentou contra a Dirección Xeral de Xustiza, como fixemos os delegados de STAJ.

-  Resólvese por Auto, onde o xuíz admite ou non a extensión de efectos solicitada.

- Pode o Xulgado condenar en costas, tanto á Administración como o solicitante, se non admite por algunha razón a extensión de efectos.

É IMPORTANTÍSIMO  COÑECER O CRITERIO DO SUPREMO. A primeros do mes de outubro deste ano, está sinalado a comparencia no recurso en interés de lei que interpuxo a Junta de Andalucia contra a primeira sentenza gañada neste sentido, a de Sevilla, e onde  o TS terá que pronunciarse, dende STAJ Galicia recomendamos esperar ata a resolución do recurso no Tribunal Supremo,  e a partir de ahí actuar en consecuencia.

Tamén é moi posible que e a Xunta, que ten tres meses desde a notificación da sentenzas para recurrilas as recurra, e sí o TS modificase a sentenza inicial, debemos pedir a extensión de efectos da sentenza do Supremo, non da que dictou o Xulgado do Contencioso, xa que ésta foi modificada, e para pedir a extensión de efectos da sentenza do Supremo, voltamos a ter un ano dende a súa notificación, esto di a Lei  A extensión de efectos deberá solicitarse polos interesados no prazo dun ano, a contar dende a última notificación da sentenza aos que foron parte no proceso. Para o caso de que se tivese interposto recurso de casación en interese de lei ou recurso de revisión, o referido prazo dun ano contárase dende a última notificación da resolución que os poña fin”.

Pode suceder, aínda que é certo que o vemos moi difícil, que o Tribunal Supremo, estime o recurso en interés de lei e nos deixe sen Extra do 2012, neste caso desestimaríanse tódalas solicitudes de extensión de efectos, e aqueles que a solicitaron, poderían ser condenados en costas,  polo menos ninguén nos asegura o contrario.

No caso do que o Tribunal Supremo confirme a sentenza de Sevilla, e polo tanto manifeste a seu criterio a favor da recuperación da paga extra, inciaríamos o proceso de extensión de efectos a tódolos os nosos afiliados e compañeiro@s que queiran facelo con nós.

Por outra banda, STAJ ten presentadas demandas nos Xulgado de Santiago, que como xa sabedes, son competentes para resolver sobre a solicitude de extensión de efectos de calquera funcionari@ de Xustiza de Galicia, sexa cal sexa o seu domicilio dentro da Comunidade. Cónstanos ademáis que outros delegados de outros sindicatos, tamén demandaron en varias localidades, e todo esto fainos outra vez RECOMENDARVOS  ESPERAR, pois pode ser que se dicten sentenzas que  melloren o xa recoñecido, e así poder pedir a extensión de efectos da sentenza que máis recoñeza….LEMBRADE TEMOS UN ANO…. E SI RECURREN EN INTERES DE LEI OUTRO ANO MAIS DENDE A SENTENZA DO SUPREMO.