lunes, 17 de febrero de 2014

Alegacións de STAJ ao borrador do Decreto da Nova Oficina Fiscal.

STAJ presentou escrito a DXX coas elegacións ó borrador do Decreto de implantación da Nova Oficina Fiscal en Galicia, deixamos un resumen das consideracións que fixemos:

Retribucións: No texto do Decreto debe recollerse a garantía do mantemento das actuais retribucións complementarias fixas e variables, aínda no caso de que os funcionari@s afectados pasasen a desempeñar un posto de traballo xenérico con retribucións complementarias inferiores.

Gardas: Debe garantirse a realización e conseguinte percepción das retribucións por servizo de garda de todos os funcionarios que actualmente teñen dereito a percibilas. 

Postos singularizados. - Consideramos que deben concretarse cales serán como mínimo os postos de xefatura que existirán, sen prexuízo da creación doutros conforme se vaian redactando as RPTs, que corpos poderán optar a esas xefaturas, que complementos percibirán e requisitos  mínimos para ocupar esta clase de postos. 


Postos de libre designación. - O STAJ oponse frontalmente á existencia de calquera posto de libre designación. É un sistema inxusto que non premia nin a capacidade, nin os méritos nin a antigüidade, considerando que os previstos como tales no borrador deben ser ou ben postos xenéricos directamente, ou como máximo postos singularizados, con maior retribución neste caso. Opoñémonos igualmente á posibilidade, de que persoal da Administración da Xunta de Galicia ou da Administración do Estado, poidan prestar servizos nas Fiscalías.

Plantillas. - Incremento da plantilla e garantía de non diminución de prazas en ningún caso, debendose garantir polo menos unha dotación minima de un funcionari@ por cada fiscal. 

Auxilio Xudicial.- STAJ bota de menos que no borrador do Decreto non se fale do persoal do Corpo de Auxilio Xudicial, e esiximos que se considere a súa permanencia nas oficinas fiscais, aumentando o número deste persoal na mesma proporción que se aumente o resto da plantilla.

Procesos de acoplamento.- Nos PROCESOS DE ACOPLAMENTO é necesario que se respecte o regulado na LOPJ, debendo estar impregnados dun absoluto respecto pola voluntariedade dos traballadores, baixo os criterios regulados de preferencia para ocupar os distintos postos de traballo.

Funcións: Consideramos imprescindible unha maior precisión e definición das funcións que se han de prestar polos diferentes corpos nos diferentes areas, servizos e seccións.
Ver escrito de alegacións 
Ver borrador do Decreto