viernes, 10 de enero de 2014

HORARIO: ¿¿Qué horas teño que facer ó mes??

Ante as dúbidas de varios compañeiros sobre cantas horas teño que facer ao mes para cumprir a xornada laboral e así planificar as miñas horas de traballo, informámosvos que o horario actual é o vixente en 2013, é dicir seguimos tendo que facer 6 horas de obrigado cumprimento todos os días.
Agora ben se quero saber cantas horas teño que facer ao mes para cumprir co horario, a operación é sinxela: Teño que multiplicar os días hábiles que ten cada mes por 7 horas; en caso de que haxa xornada reducida (semanas grandes) sumo 5 horas por cada día de xornada reducida e así teremos o total das horas que temos que facer cada mes.