Como sabedes, o pasado día 30 de decembro, informámosvos dos cursos que oferta a EGAP para o ano 2014. Dentro dos cursos destinados ao Persoal de Xustiza, atópanse cursos de Linguaxe Xurídica Galega, para persoal que presta servizos en Galicia e persoal de fóra da Comunidade. No verán pasado non se convocaron cursos para o persoal de fóra de Galicia, convocandose solo para persoal que presta servizos dentro da Comunidade Autónoma.
Dende este sindicato temos pensado que os cursos de linguaxe xurídica galega para persoal de xustiza destinados fóra da nósa CCAA débense ofertar canto antes, pois ditos cursos supoñen en moitos casos quedarser destinado fóra ou dentro da nósa CCAA, entón supoñendo que os concursos de traslado sigan o mesmo proceso dos últimos anos, o concurso ofertarase no primeiro trimestre deste ano, se estes cursos se retrasan moito a xente que o fai non lle vai valer para o concurso do ano 2014, e incluso se os cursos se imparten en diferentes periodos haberá compañeiros que terán o título e outros non, aínda sendo da mesma promoción.
É por iso que este sindicato vai facer todo canto estéa na súa man para que os cursos de linguaxe xurídica se ofertan canto antes.
Así mesmo, imos facer todo o posible para que non continúen as discriminacions do nóso colectivo cos funcionarios da Xunta, pois non entendemos porqué a nós non nos ofertan cursos de idiomas e os funcionarios da Xunta si, e isto non é un capricho noso, pois os cursos de idiomas puntúan para a nósa carreira profesional.

Ver Resolucion e relacion de cursos