O artigo 18 da Resolución que regula as Vacacións ,Permisos
e Licenzas para o persoal de Xustiza de Galicia, dispón de un:
"Permiso a ausentarse do
posto de traballo.
O persoal funcionario terá
dereito a ausentarse para acompañar ás revisións médicas os fillos e fillas ou
as persoas maiores ao seu cargo polo tempo necesario, con aviso previo e
xustificación da necesidade de realización dentro da xornada de traballo".
Este permiso, que é retribuído e non
recuperable, non ten establecido na norma ningún límite, en canto o seu
disfrute en horario fixo, nin en horario flexible. Sen
embargo, as Delegacións provinciais, por orde da Dirección Xeral, están
obrigando recuperar o tempo que o funcionari@ adica a acompañar
familiares ó médico, cando, non sendo o permiso a xornada completa, o mesmo
transcurre total ou parcialmente en horario flexible.
Si pides un permiso durante toda a
xornada,, ou si sendo parcial o mesmo transcurre durante o horario fixo, esas
horas non tes que recuperalas. Pero si ese mesmo permiso parcial se alonga
durante todo uo parte do horario flexible, obrigante a recuperar o tempo que
adicache dentro do horario flexible. Este atropelo da DXX, é máis grave cando o
funcionari@ ten concedido o Plan Concilia, pois ten ata una hora menos de
horario fixo cada día.
Este proceder da DXX non ten base legal
algunha, pero xa levan meses obrigando a recuperar esas horas de xeito
irregular, por eso lles pedimos que, de inmediato, den
instruccións para no haxa que recuperar esas horas, e se faga o mesmo
co permiso, que teñen os país, para para acudir os Centros Educativos a
entrevistarse cos titores de fillos menores, cando a entrevista discurra
total ou parcialmente dentro do horario flexible.