lunes, 25 de febrero de 2013

Non foron solo os de CCOO, fomos todos.

Acabamos de ver como na páxina web de CCOO Xustiza, anunciase como un logro exclusivo dese sindicato, o  se nos volva a exonerar os Empleados Publicos da obligación de levar Abogado e Procurador, cando plantexemos demandas Contencioso-Administrativas en defensa dos nosos dereitos estatutarios, por certo, esa exoneración non entrou na reforma da Ley de Tasas, di o Ministerio que entrará na nova Ley de Justicia Gratuita.
Pois ben, en STAJ xa estamos fartos de tanto "espabilado" que cree que aquí todo o mundo e parvo, ou que non temos memoria.
 Nin que decir ten que o éxito da reforma, ainda que parcial, pois moitas cousas quedan sin reformar, é da Plataforma Justicia para  Tod@s, na que estamos representados 5 Sindicatos, Asociacions de Consumidores e os Abogados
E en concreto, o éxito da reforma no que nos atinxe como Empleados Públicos, e da Plataforma  Sindical de Justicia, que engloba os catro Sindicatos maioritarios  na xustiza a nivel estatal (CSIF-CCOO-STAJ e UGT),pero sobre todo  a reforma é un éxito de tod@s vos que secundastes as mobilizacións .
Por si andan escasos de memoria, recordámoslles que as mobilziacións en contra da Ley de Tasas (concentracións, manifestacións, recollida e entrega de firmas, e manifestación en Madrid) así como as reunions coa Defensora del Pueblo, co Ministro, co Subsecretario e co Director General, e escritos e cartas a Partidos Políticos e responsables do Ministerio,  fixeronse en conunto, ben usando unha Plataforma, ben a outra. 
Este proceder, que describe perfectamente a quen o practica, repitese con certa frecuencia, pero non vamos a calar máis, vamos a recriminarllo cada vez que o volvan a facer.
É un hábito enraizado, pero acabaremos con él.