viernes, 24 de julio de 2020

Reforzos nos xulgados galegos por mor do Covid 19

Despois de que o Consello de Ministros aprobase a principios de mes un Plan de actuación para axilizar a actividade xudicial dos órganos das xurisdicións social, contencioso-administrativa e xulgados mercantís, esta iniciativa estruturase en dúas fases: a primeira, que se estenderá de setembro a decembro, concentrarase nos xulgados do social e mercantís que con anterioridade á crise xa presentaban maior carga de traballo; a segunda fase, que comezará a partir de xaneiro de 2021, estenderase á xurisdición contencioso-administrativa.
 
Entre as medidas, destacarán: a prolongación de xornada, isto é, unha retribución extraordinaria ao persoal destinado no propio órgano xudicial a través dun programa de actuación para obxectivos; a creación de xulgados “bis”, coa designación dun xuíz, un letrado da Administración de Xustiza e cinco funcionarios para que temporalmente exista un xulgado de apoio; e a posta en marcha efectiva de novos xulgados.
 
En concreto o investimento autonómico dun millón de euros destinarase: a financiar a prolongación de xornada de 83 efectivos, á creación de xulgados “bis” na xurisdición social da Coruña e Lugo, así como na mercantil da Coruña; e á dotación de persoal dos tres novos xulgados do social en Lugo, A Coruña e Vigo. En concreto, o nº 4 de Lugo, nº 7 da Coruña e nº 7 de Vigo
 



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras