jueves, 27 de septiembre de 2018

Resultado da reunión mantida coa Inspección de Traballo

Tras denuncia presentada polos compañeiros do Xulgado de Instrución  nº 1 de Santiago de Compostela, fomos convocados a unha reunión celebrada no  dia de hoxe ante a Inspección de Traballo quen previas as actuacións de investigación que, con respecto á denuncia estimou oportunas, comunícanos o contido dos requirimentos que nese momento, faille á Administración e que, esta asume cumprir con respecto ao Xulgado arriba indicado, nos seguintes termos:

  • nesta mesma semana, dotarase ao posto de traballo desempeñado polo único funcionario solicitante, dun repousapés.
  • procederase ao longo da próxima semana, á  sustición de 4 cadeiras.
  • procederase de forma inmediata a determinar cantas pantallas de visualización de datos hai que substituír para axustalas á normativa.
  • procederase de forma inmediata á eliminación das bandexas  portateclados.
  • información aos traballadores sobre a conveniencia de reorientar as pantallas (previa comprobación da compatibilidade entre a dita medida e dimensións de mesa e posibles  deslumbramientos)
  • retirada de cables mediante o emprego de  regletas e espirais.

Ademais a Inspección de traballo no seu requirimento pide á D.X:
  1. a xustificación de cumprirse todo o anterior (xustificación de que se adoptaron as medidas correctoras).
  2. Se lle  envie un informe xustificativo das obras para executar nun prazo de SEIS MESES para a mellora das condicións de temperatura e iluminación (eficiencia enerxética).

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.