miércoles, 26 de septiembre de 2018

Curso da EGAP superior de Administración electrónica

Hoxe publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2018 pola que se convoca o curso superior de Administración electrónica.


As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición a través da área de matrícula da web da EGAP (https://egap.xunta.gal/matricula/).

O prazo para a inscrición estará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 4 de outubro de 2018.

A modalidade é semipresencial e está dirixida ao persoal dos grupos A (subgrupos A1 e A2). 

A totalidade de prazas ofertadas é de 80. No caso de non cubrirse a totalidade de prazas convocadas, as vacantes que resulten poderán cubrirse por persoal da administración de xustiza, da administración local e das universidades do sistema universitario de Galicia.



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.