Tras denuncia presentada polos compañeiros do Xulgado de Instrución nº 1 de Santiago de Compostela, fomos convocados a unha reunión celebrada no dia de hoxe ante a Inspección de Traballo quen previas as actuacións de investigación que, con respecto á denuncia estimou oportunas, comunícanos o contido dos requirimentos que nese momento, faille á Administración e que, esta asume cumprir con respecto ao Xulgado arriba indicado, nos seguintes termos:
- nesta mesma semana, dotarase ao posto de traballo desempeñado polo único funcionario solicitante, dun repousapés.
- procederase ao longo da próxima semana, á sustición de 4 cadeiras.
- procederase de forma inmediata a determinar cantas pantallas de visualización de datos hai que substituír para axustalas á normativa.
- procederase de forma inmediata á eliminación das bandexas portateclados.
- información aos traballadores sobre a conveniencia de reorientar as pantallas (previa comprobación da compatibilidade entre a dita medida e dimensións de mesa e posibles deslumbramientos)
- retirada de cables mediante o emprego de regletas e espirais.
Ademais a Inspección de traballo no seu requirimento pide á D.X:
- a xustificación de cumprirse todo o anterior (xustificación de que se adoptaron as medidas correctoras).
- Se lle envie un informe xustificativo das obras para executar nun prazo de SEIS MESES para a mellora das condicións de temperatura e iluminación (eficiencia enerxética).
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.