miércoles, 25 de enero de 2017

Prolongacións de xornada: remitimos escrito á DXX solicitando o seu pago, e a súa continuidade

Pola Dirección Xeral decidiuse de xeito unilateral, suspender de forma xeralizada as prolongacións de xornadas, agás nos xulgados de violencia.

Asegurounos que era necesario voltar a solicitalas por cada xulgado, e que para iso se lles comunicaría a todos o xeito e a forma de tramitar as solicitudes, a día de hoxe aínda nada  se comunicou e nada se fixo ó respeto.

        STAJ solicitou que se determine dunha vez a maneira de solicitar de novo as prolongacións de xornada e se lles faga saber  a todos os xulgados, fiscalías e  demais oficinas interesadas que  ditas prolongacións  sexan efectivas dende o primeiro día de febreiro.
Que o persoal que seguiu a quenda e durante este mes está rexistrando demandas e escritos, e cumpriu co horario correspondente se lles pague a prolongación de xornada en base a certificación do xefe funcional respectivo.
Escrito presentado