martes, 7 de junio de 2016

Dereitos electorais dos empregados públicos.

 Hoxe publicouse no DOG a ORDE do 27 de maio de 2016 pola que se regula o exercicio dos dereitos electorais do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia nas eleccións convocadas para o día 26 de xuño de 2016 polo Real decreto 184/2016, do 3 de maio, de disolución do Congreso dos Deputados e do Senado e de convocatoria de eleccións.
Segundo.
1. O persoal nomeado presidenta/e ou vogal de mesas electorais e as/os que acrediten a súa condición de interventoras/es teñen dereito, durante o día da votación, a un permiso retribuído de xornada completa se non desfrutan en tal data de descanso semanal, e a unha redución da súa xornada de traballo de cinco horas o día inmediatamente posterior.
2. Os que acrediten a súa condición de apoderadas/os teñen dereito a un permiso retribuído durante o día da votación, se non desfrutan nese día de descanso semanal.
3. A acreditación do persoal nomeado presidenta/e ou vogal de mesas electorais ou da condición de interventoras/es ou de apoderadas/os, realizarase mediante a presentación da oportuna xustificación documental na correspondente dirección ou xefatura de persoal.
Terceiro.
O persoal ao servizo da Administración pública de Galicia que se presente como candidata/o ás eleccións que terán lugar o vindeiro 26 de xuño poderá ser dispensado, logo da súa solicitude, da prestación do servizo nas súas respectivas unidades durante a campaña electoral; é dicir, desde as cero horas do venres 10 de xuño de 2016 ata as vinte e catro horas do venres 24 de xuño de 2016. A competencia para a concesión do referido permiso corresponderalle á secretaría xeral técnica de cada consellería.
Ver Orde completa no DOG