No DOG de hoxe publicase a resolución do 22 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se fai pública a relación de prazas que se ofrecen ás persoas aprobadas correspondentes ao ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, nas probas selectivas para ingreso no corpo de tramitación procesual e administrativa da Administración de xustiza, quenda libre, convocada pola Orde JUS/1327/2022, do 28 de decembro.
As solicitudes de destino dos aspirantes (anexo II) deste ámbito, dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, presentaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, no prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da relación definitiva de persoas aprobadas no Boletín Oficial del Estado, segundo o establecido na base 8.1.a) da convocatoria do proceso selectivo, mencionada anteriormente.
As solicitudes formalizaranse segundo o modelo que aparece como anexo II desta resolución. No modelo de instancia deberanse solicitar, como mínimo, tantas prazas como número de opositor teña, é dicir, se, por exemplo, o número de opositor é o 21, débense pedir 21 prazas como mínimo, ou máis, se se ofertaron e se desexan solicitar, ata chegar ao número máximo de prazas ofertadas, indicando a unidade, a denominación, o código do posto, a localidade e a provincia.