viernes, 5 de junio de 2026

Auxilio estabilización concurso-oposición 2022: Publicación oferta de destinos Galicia

No DOG de hoxe publicase a resolución do 22 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se fai pública a relación de prazas que se ofrecen ás persoas aprobadas correspondentes ao ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, nas probas selectivas para ingreso no corpo de auxilio xudicial da Administración de xustiza, quenda libre, convocada pola Orde JUS/1327/2022, do 28 de decembro.

As solicitudes de destino dos aspirantes (anexo II) deste ámbito, dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, presentaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, no prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da relación definitiva de persoas aprobadas no Boletín Oficial del Estado , segundo o establecido na base 8.1.a) da convocatoria do proceso selectivo, mencionada anteriormente.

As solicitudes formalizaranse segundo o modelo que aparece como anexo II desta resolución. No modelo de instancia deberanse solicitar, como mínimo, tantas prazas como número de opositor teña, é dicir, se, por exemplo, o número de opositor é o 21, débense pedir 21 prazas como mínimo, ou máis, se se ofertaron e se desexan solicitar, ata chegar ao número máximo de prazas ofertadas, indicando a unidade, a denominación, o código do posto, a localidade e a provincia.




STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras