No día de hoxe, poñemos de manifesto á DXX as carencias do novo xulgado de violencia sobre a muller de Santiago de Compostela e solicitamos que, con carácter urxente, dote o mesmo dos medios necesarios para o seu correcto funcionamento, en concreto pedimos:
1-
Dotación
dun espazo propio para os traballadores de dito xulgado, pois atópanse actualmente
ocupando as mesas de reforzos baleiras do antigo xulgado de Instrucción Nº3,
xerándose un caos á hora de traballar.
2-
Garantir
unha adecuada formación ao persoal do xulgado, dada a especialidade da materia
e da urxencia da mesma.
3-
Dotar
dos medios necesarios os postos de traballo, pois non teñen número de teléfono
propio, faltan mesas e acceso a todas as aplicacións necesarias para o
desenvolvemento do traballo.
4-
Acceso
ao rexistro dos procedementos, sendo éstos de carácter urxente.
5-
E,
por último, reiteramos a petición de que se nos dea traslado por parte da DXX
dunha guía de actuación sobre o funcionamento dos xulgados de violencia
comarcalizados tanto de Santiago de Compostela como de Ourense, que garantice un
adecuado servizo, proporcione seguridade aos traballadores e unha adecuada
atención ás vítimas.