No día de onte o alcalde Abel Caballero informou que unha vez falado co Ministro de Xustiza Felix Bolaños, este confírmalle que se procederá a ditar un novo real decreto entre setembro ou outubro onde se acorde deixar Vigo con oito xulgados de instrución (o que hai actualmente) e dúas seccións de Violencia sobre a muller (unha máis que a actual). Tamén sinala o alcalde que falou disto co xuíz decano de Vigo indicando que o problema está resolto.
Desde STAJ non podemos estar máis contentos, xa que desde o primeiro momento opuxémonos a esa pédida dun xulgado de instrución. Damos por tanto as as grazas a todos os colectivos: funcionarios, xuíces, fiscais, letrados, procuradores, avogados e especialmente ao concello na persoa do Alcade polo esforzo realizado.
Esperamos a pronta confirmación por parte do Ministerio de Xustiza destas novas e voltamos pedir unha vez máis, que a Xunta valore positivimante as gardas de 24 horas, debido a que é a única administración que se opón.
Noticia voz de galicia
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras