Dende fai tempo os sindicatos da Administración de Xustiza a nivel nacional, e tamén en Galicia, estamos a loitar por conseguir que se paguen as gardas, tanto as de dispoñibilidade como as de permanencia, e tanto as dos xulgados, como as da fiscalía e o Imelga, no caso de non poder realizalas por causa non imputable ao funcionario/a, entre elas a incapacidade temporal, sexa cal sexa a súa orixe.
Nese afán, en Galicia xa se conseguiron sentenzas firmes, algunhas delas gañadas por este sindicato, que recoñecen o dereito ao cobro das gardas en caso de risco no embarazo, no caso de permiso por maternidade e lactación e no caso do permiso de paternidade. Eso sí, a Xunta segue coa estratexia de recoñecer ese dereito SOLO AOS QUE O GAÑARON EN SENTENZA FIRME, sen estender ese recoñecemento de oficio a tódalas/as funcionarias/as afectadas/as en casos idénticos, e por ese empecinamento a Xunta segue a recorrer sen fundamentos tódalas resolucións estimatorias sen importarlles o que teñan que pagar custas, co único interese de frear a declaración de firmeza e dificultar posibles novas demandas, ao mesmo tempo que dilata no tempo a execución das sentenzas gañadas, utizando eses recursos como unha advertencia de que non vai resultar doado cobrar.
Sentenzas firmes que recoñecen o cobro das gardas en caso de incapacidade temporal derivada de enfermidade común, xa existen en moitas partes de estado, e no caso da Comunidade Valenciana xa a propia administración paga de oficio previa solicitude, sen necesidade de demanda xudicial, as gardas que médicos forenses, xestores, tramitadores e auxilios deixaron de realizar por estar de baixa laboral, sexa cal sexa a causa desa baixa.
En Galicia falta solo conseguir sentenzas firmes, xa hai varias nos xulgados do contencioso pero que a Xunta recorreu sistematicamente en apelación ao TSXG, nunha manobra clara de dilación, e incluso en algún caso presentou recurso de casación contra as sentenzas de apelación dictada polo TSXG. Pero nesa maniobra de dilación aínda foi mais alá, e con base a preparación dos correspondentes recursos de casación, pediu a suspensión de tódolos procesos de esa materia que se tramiten nos xulgados do contencioso de Galicia, incluso si están en prazo de ditar sentenza, como nos pasou en procesos iniciados por STAJ na defensa dos dereitos do seus afiliados/as, ata que o recurso de casación se inadmita ou haxa sentenza do Tribunal Supremo que decida a cuestión definitivamente.
A dia de hoxe, salvo erro, NON nos consta sentenza firme en Galicia que estime o dereito ao cobro das gardas no caso de incapacidade temporal por continxencias comúns, as que hai nos xulgados e no TSXG ou están recurridas ou en prazo de recurso, pero cremos que non tardará moito en habelas. Por iso salvo a aqueles/as que ESTEDES A PUNTO DE CUMPRIR O PRAZO DE 5 ANOS, dende a data do comezo da primeira garda que non realizase por causa dunha baixa laboral, que sí debedes activar a reclamación administrativa antes de cumprirse ese prazo, ACONSELLAMOS ESPERAR ó desenlace dos procesos en marcha e dos recursos de casación, posible inadmisión incluída, para ir sobre seguro. Iso sí, sen perder de vista o transcurso do tempo e prazo de 5 anos, que nunca debemos deixar pasar para poder cobrar tódalas gardas non realizadas, ben sexa nun ou en máis períodos de incapacidade temporal.
Sexa cal sexa a causa pola que deixaches de realizar as gardas, e o tempo transcorrido, ponte en contacto cos delegados de STAJ para asesoramento, e si fose o caso, para iniciar o tramite de reclamación administrativa sen deixar pasar os 5 anos de prescrición.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras