STAJ pediu aclaracións sobre o alcance da normativa sobre a petición das vacacións. A Dirección Xeral de Xustiza contestounos o seguinte:
Bo día,
O programa de vacacións remitido refírese exclusivamente ao periodo de verán (do 1.07.2025 ata o 30.09.2025). Fora do dito periodo o persoal funcionario pode solicitar as vacacións da forma habitual, agás no periodo de nadal para o que está prevista a publicación despois do verán dun programa específico.
Un saúdo,
Non obstante, dende STAJ presentaremos igualmente alegacións para que se manteña a normativa igual á dos anos anteriores, de forma que non se nos poidan limitar as vacacións do nadal e tamén que teñamos seguridade á hora de pedir as vacacións correspondentes aos periodos distintos do verán.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras