jueves, 22 de mayo de 2025

Bolsa de interinos médicos forenses

Dende a DXX infórmannos de que está previsto que ó longo do día de hoxe se publique na intranet de Xustiza e mais na páxina web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes a Resolución do 22 de maio de 2025 da Dirección Xeral de Xustiza pola que se aproba a listaxe definitiva de novas persoas admitidas e excluídas das bolsas de persoal interino do corpo de médicos forenses ao servizo da Administración de Xustiza convocadas pola Orde da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes do 2 de setembro de 2024.

A listaxe poderá consultarse tamén a través da OPAX (https://opax.xunta.es), seguindo a ruta "Bolsa de interinos > Listaxes.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras