A DXX enviounos o borrador do plan anual de vacacións para o ano 2025, e concedenos un prazo ata o mañá venres día 23 de maio para realizar alegacións ao borrador.
Para STAJ os cambios que se pretenden non son nin necesarios, nin se xustifican coa entrada en vigor da Nova Oficina Xudicial . STAJ quere que se manteñan as mismas condicións que noutros anos e se diferencie, como ata agora a " Tempada A" e a "Tempada B" mantendo as condicións e as porcentaxes de anos anteriores.
Os cambios que pretenden limitan a concesion das vacacións fora do periodo 01/07 ao periodo 30/09 e chocan coa Resolución do 18 de outubro de 2024 da propia Dirección Xeral que regula a concesion noutros terminos mais favorables, e que este plan anual de vacacións debe respetar.
Na maior parte da norma, non hai cambios con respecto ao plan do ano pasado: as preferencias para escoller vacacións, a data máxima para desfrutalas segue sendo ata o 31 de xaneiro do ano seguinte, a petición realizarase a través do OPAX, etc.
Hai tres cambios salientables:
- Introducen un apartado que di que "Tendo en conta que o prazo de presentación de solicitudes de vacacións para o ano 2025 é anterior ao 1.7.2025, data na que entrarán en funcionamento as unidades da Fase I da implantación da nova oficina xudicial, tómanse como referencia os centros de traballo vixentes na data da aprobación do programa anual de vacacións 2025 e se aplicarán as porcentaxes de permanencia establecidas neste programa para cada un deles, sen prexuízo da posibilidade de modificación que, por necesidades do servizo, teñan que realizarse para garantir a permanencia nas oficinas xerais do rexistro civil." É dicir, non se ten en conta o futuro Tribunal de Instancia, a referencia seguen a ser os xulgados tal e como están agora.
- Na norma anterior distinguíase entre a tempada A (verán, semana santa e nadal) e tempada B (o resto) para a planificación das vacacións. Na nova norma indícase que o plan se refire solo ao período entre o 01/07/2025 e o 30/09/2025. As solicitudes deberán presentarse ata o 06/06/2025.
- Como xa non existe a diferenciación entre tempadas, eliminouse tamén a diferenciación que existía nas porcentaxes mínimas de permanencia de funcionarios en función de se estabamos na tempada A ou na B. Agora a norma di que "deberá permanecer na unidade ou servizo, como mínimo, o 50% do cadro de persoal. No mes de agosto a porcentaxe de permanencia mínima será do 33%, agás nos rexistros civís exclusivos da Coruña e de Vigo, onde a permanencia mínima durante o mes de agosto será do 50%."
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras