martes, 13 de mayo de 2025

Concurso de traslados: adxudicación en 15 días

O Ministerio comunícanos que seguen comprobando as adxudicacións do concurso de traslados, que se coñecerán a última semana de maio, en quince días. 

A pesar de que onte se comprometeron a darnos datas concretas e a trasladar máis información sobre este proceso polo enorme interés que hai por parte dos traballadores, a realidade é que non se concreta a data exacta de publicación nin tampouco se nesta última semana de maio se vai publicar no BOE ou só  na páxina web do Ministerio e tampouco nos dixeron cando se van producir os ceses e as tomas de posesión.

Seguiremos insistindo en que concreten máis as datas deste proceso e  informándovos do que nos chegue. 


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras