O número de prazas de cada curso será de 25.
Os cursos impartiranse segundo se indica a seguir:
SOLICITUDES
-O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 14 ata o 21 de maio de 2025.
-O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP <https://egap.xunta.gal/matricula>, e non serán admisibles outras formas de solicitude. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na EGAP no enderezo da internet https://egap.xunta.gal/matricula unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación. As persoas que, de seren seleccionadas, desexen recibir os correspondentes avisos deberán facilitar unha conta de correo electrónico e un número de teléfono móvil.
Cada persoa só poderá solicitar un dos cursos convocados.