lunes, 14 de abril de 2025

RPT fase I dos Tribunias de Instancia. Alegacións de STAJ.

ALEGACIÓNS  DE STAJ AO DERRADEIRO BORRADOR DA DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA DE PROPOSTA DE RPT DAS DA PRIMEIRA FASE.


CONSIDERACIÓNS PREVIAS:

Somos a única Comunidade Autónoma na que con unha sola mesa sectorial, e sen ninguna mesa de traballo previa, na que se aproban as RPT, e sen ter en conta as especialidades dos partidos xudiciais, é dificil de entender que se pretenda unha verdadeira racionalización dos medios cando se pretende que se voten polos sindicatos no mesmo “paquete” todos os partidos das Vilas de Galicia, o mesmo  que facer unhas alegacións exprés en 3 días para que se dén por aprobadas as RPT “en masa”.


A pesar de que esperamos e soliciatmos neste escrito a convocatoria doutra  Mesa Sectorial para entrar polo miúdo nas RPT dos partidos xudiciais de Galicia, tendo en conta as necesidades das que parte cada órgano e a carga de traballo que asume neste momento e a que poida asumir nun futuro próximo, STAJ alega e fundamenta o seu voto repecto da última proposta de RPT formulada pola Dirección Xeral de Xustiza.

 

 PRIMEIRO. OFICINAS DE XUSTIZA DO MUNICIPIO

 

O persoal da oficina de xustiza no Municipio NON debería compatibilizar en ningún caso coa oficina xudicial para evitar as arbitrariedades nas asignacións de funcións a este persoal que nun inicio non se poden desenvolver pola escasez de medios persoais e materiais. Esa compatibilidade decidese sen  facer un estudio da carga de traballo, NON SOLO A QUE XA TEÑEN, TAMÉN A QUE VAN A ASUMIR COAS NOVAS FUNCIÓNS E TAREFAS ENCOMENDADAS. Cremos un erro que a DXX considerase que TODO  o persoal das oficinas municipais de Galicia está en condicións  de facer traballos encomedados polo tribunal de instancia do seu partido xudicial, cando sabemos que a posibilidade de compatibilizar debe ser a excepción e non a regla xeral.


Dende STAJ votamos en CONTRA da última proposta da DXX de RPT nas OFICINAS DE XUSTIZA DO MUNICIPIO porque ésta colabora coa asignación de funcións  con criterios arbitrarios e non se ten en conta o caso concreto e excepcional no que debería consistir unha compatibilidade, comprometendo a calidade do servizo prestado por estas oficinas coa decisión de compatibilizar como regra xeral.

 

SEGUNDO. OFICINAS XERAIS DE REXISTRO CIVIL

 

A proposta recibida pola DXX é, unha vez máis, a compatibilización indiscriminada do persoal destinado nas Oficinas de Rexistro Civil (xestión e tramitación) coa Oficina de Xustiza. Alegou o Director Xeral na mesa sectorial do día 1.04.2025 que o facía para garantir as gardas do persoal cando sabemos que por Acordo firmado por STAJ e outras organizacións sindicais co Ministerio, o persoal que actualmente está facendo gardas, vainas seguir facendo e cobrando a non ser que voluntariamente a rexeiten ou pidan outra praza voluntariamente nun concurso de traslados.

 

Dende STAJ consideramos que  pola plantilla que teñen os partidos xudiciais con 2, 3 e 4 Xulgados é factible e recomendable que nas RPT unha persoa teña destino orgánico e funcional en exclusiva na Oficina de Rexistro Civil e a outra persoa con destino na Oficina de Rexistro Civil compatibilice de forma puntual, controlada e con transparencia as funcións coa Oficina de Xustiza.  Ainda que valoramos positivamente a exclusión do persoal de auxilio nos partidos xudiciais de 2, 3 e 4 prazas xudiciais, dende STAJ non podemos votar a favor dunha compatibilización indiscriminada sen criterio algún en partidos xudiciais onde hai persoal suficiente para destinar en exclusiva a lo menos unha praza no Rexistro Civil. Por todo o exposto, votamos en CONTRA da última proposta de RPT para as Oficinas Xerais do Rexistro Civil (Fase I).

 

TERCEIRO. OFICINAS DE XUSTIZA.

 

A última proposta da DXX é facer a mesma estrutura para todos os partidos xudiciais, volvendo a poñer na mesma vara de medir partidos xudiciais con 4 funcionarios que con 32, á DXX dalle igual todo, criterio unitario. Dende STAJ seguimos con incredulidade outra vez máis a proposta única e en masa, polo tanto, propoñemos que se faga a seguinte inclusión:

 

1.     Que se cree unha área civil e outra penal, como destins diferenciados nos partidos xudiciais con 2,3 e 4 xulgados, e necesario facer unha división orgánica na RPT con ÁREA CIVIL e ÁREA PENAL (cun equipo diferenciado dentro da RPT de VIOLENCIA SOBRE A MULLER) dentro do Servizo Común de Tramitación.

 

2.     Aparte do anterior, nos partidos xudiciais que hoxe teñan DECANATO, dende STAJ solicitamos crear o SERVIZO COMÚN XERAL: co persoal de auxilio e o persoal de DECANATO con Rexistro e Reparto, cos postos singularizados correponedentes.

 

3.     Dende STAJ vemos un erro que non existan postos singularizados nesta última proposta  que consideramos necesarias manter e que se deben impulsar como un elemento eficaz e modernizador da Administración de Xustiza, con esta decisión sen fundamentar, Galicia pode ser a única Comunidade Autónoma que non contemple esta clase de postos para a Fase I, polo que  solicitamos que se manteñan.

 

Por todo o exposto, dende STAJ votamos en CONTRA do borrador de RPT de OFICINAS DE XUSTIZA FASE I tal como están propostas.



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras