Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN
do 7 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve a
convocatoria de provisión, polo sistema de libre designación, de postos de
traballo no Instituto de Medicina Legal de Galicia, anunciada por Resolución do
21 de febreiro de 2025.
O prazo de toma de posesión será
de tres días hábiles se non implica cambio de localidade da persoa funcionaria,
de oito días se implica cambio de localidade dentro da comunidade autónoma, e
vinte días se implica cambio de comunidade autónoma, con excepción da
Comunidade Autónoma de Canarias, Comunidade Autónoma das Illes Balears, Cidade
de Ceuta e Cidade de Melilla, en que será dun mes.
O prazo de toma de posesión
empezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá
efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación desta
resolución no Boletín Oficial del Estado