lunes, 17 de marzo de 2025

Curso EGAP "A potestade sancionadora e o delito fiscal"

Publicouse no DOG de hoxe a a convocatoria de varias actividades formativas ofrecidas pola EGAP.
Dos cursos que se ofrecen, está destinado aos funcionarios da administración de Xustiza o seguinte:

Denominación

Persoal destinatario

Horas

Prazas

Data de inicio

Data de remate

Data e hora do exame final

A potestade sancionadora e o delito fiscal: principios e procedemento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional e persoal da Administración de xustiza.

30

50

20.5.2025

20.6.2025

23.6.2025, 19.00 horas


O curso desenvolverase en modalidade de teleformación.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 18 de marzo ata o día 24 de marzo de 2025.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula, desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14:00 horas da data de remate. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras