miércoles, 19 de marzo de 2025

Comunicado dos 7 sindicatos


COMUNICADO

 

A entrada en vigor da Lei de Eficiencia significará un reforma sen precedentes na actual estrutura xudicial que terá repercusións de calado organizativo, estrutural, funcional, tecnolóxica e competencial que afectaran directamente a tódolas/os traballadoras/es.

 

O Ministerio de Xustiza e tódalas Comunidades Autónomas transferidas, salvo C. Valenciana, foron conscientes de que para implementar a NUMO (nuevo Modelo) é imprescindible contar co apoio e a implicación das/dos traballadoras/es e que sen a súa colaboración, esforzo e empeño é imposible lograr o funcionamento da Xustiza.

 

A Xunta de Galicia sen embargo leva meses evitando presentar ningunha oferta económica aos representantes das/os traballadoras/es, a pesar das numerosas peticións de tódalas centrais sindicais.

 

Ante a falta dunha resposta satisfactoria do Director Xeral de Xustiza e a presentación dunha suba retributiva acorde aos futuros cambios os Sindicatos con representación na Mesa Sectorial decidimos:

 

·       Solicitar por escrito a presenza do Conselleiro Diego Calvo na próxima Mesa Sectorial.

·       Presentación na Mesa Sectorial dunha oferta de subida do CAT.

·       Convocatoria Rolda de Prensa o xoves 20/03/25 para denunciar a situación.

 

Nota- Hoxe ás 15.00 horas a Dirección Xeral de Xustiza, trala presentación da carta ao Conselleiro, convocou a Mesa Sectorial ás Organizacións Sindicais para o día 24 de Marzo en Santiago ás 11.30 horas.

 


Galicia a 18 marzo de 2025




STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras