miércoles, 29 de enero de 2025

Orde do día da Mesa Informativa de Xustiza

Como xa informamos en anteriores noticias, o próximo día 4 de febreiro estabamos convocados á Mesa Sectorial de Xustiza en Santiago.

No día de hoxe, a Dirección Xeral enviounos a orde do día da reunión, e nos precisan que non se trata dunha mesa sectorial, senón dunha reunión informativa. Entendemos, e así imos a solicitar, que posteriormente deberásenos convocar a varias mesas de traballo sucesivas para negociar e decidir sobre os temas que se tratarán nesta primeira reunión informativa, por separado.

A orde do día é a seguinte:

  1. Aprobación da acta da sesión anterior.
  2. CAT/CE.
  3. Bolsa de persoal interino.
  4. Modificación da Regulación das comisións de servizo e das substitucións por sentenza xudicial.
  5. Lei orgánica 1/2025, de 2 de xaneiro, de medidas en materia de eficiencia do Servizo Público de Xustiza (LEO).
  6. Proceso de implantación do Novo Modelo organizativo en Galicia.
  7. Programa de obras e melloras en infraestruturas xudiciais.
  8. Creación de novas prazas de persoal funcionario nos orzamentos de 2025.  
  9. Teletraballo.
  10. Estado das convocatorias de prazas de acceso libre e promoción interna. Concurso de traslados.
  11. Nova convocatoria 2025 da traxectoria profesional.
  12. Proposta de protocolo de acoso sexual.
  13. Rogos e preguntas.

A DXX accede a tratar, entre outros, os asuntos que pediramos no noso escrito presentado o pasado 15 de xaneiro.

En relación á apertura extraordinaria dos graos I, II e III da traxectoria profesional, a DXX remítenos o borrador do posible Acordo.



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras